Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Educación participa na presentación dun novo caderno escolar para o programa Xaque nas aulas


# Mércores, 23/04/2014


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación laboral, Esther Muñoz, participou hoxe na presentación do caderno escolar “Xaque nas Aulas”, xunto co Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro; o adestrador do Clube Deportivo Lugo, Quique Setién, e o Presidente de Sogama, Luis Lamas. 

O acto tivo lugar esta mañá no Colexio de Albeiros.

Este material didáctico serve para reforzar as clases de xadrez que se imparten nos colexios de Lugo.

“Xaque nas aulas” é una das iniciativas nas que o Concello colabora con Xaquedrum para dar a coñecer entre os escolares o xogo do Xadrez.

As próximas xornadas serán as seguintes:

-Colexio Público de Paradai, os días 22 e 29 de abril e 6 de maio
-Colexio Público de Albeiros, días 24 e 28 de abril e 5 de maio
-Colexio Público Meéndez e Pelayo, días 15, 22 e 29 de maio
-Colexio Público Quiroga Ballesteros, días 17,18 e 19 de xuño.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova