Cargando....
Concello de Lugo
08/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Campionato Galego de Atletismo para clubes celebrarase o sábado 26 de abril nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera


# Xoves, 24/04/2014
Nela participaran oito clubes masculinos e femininos que levarán a cabo diferentes modalidades deportivas

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que o próximo sábado 26 de abril celebrarase o Campionato Galego de Atletismo para clubes nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera. As competicións comezarán ás 11:00 horas e continuarán durante toda a xornada.

Neste campionato van participar un total de oito clubes masculinos e femininos, e nela están convidados os catro primeiros clasificados do campionato celebrado a anterior tempada.

Durante a competición haberá probas de atletismo de 100 metros, 200 metros, 400 metros, 800 metros, 1.500 metros, 5.000 metros, 110 metros vallas, 400 metros vallas, 3.000 metros obstáculos, saltos de altura, de lonxitude, triple, pértega, xavalina, peso, disco, martelo e 10 km marcha masculina e 5 km marcha feminina.

Os clubes masculinos que están clasificados polos resultados de campionatos anteriores son o R.C. Celta, Sociedade Gimnástica de Pontevedra, ADAS e Afflelou Narón. Os clubes femininos clasificados son o Ría Ferrol-Concepción Arenal, Atletismo Femenino Celta, Lucus Caixa Rural Galega e Vila de Cangas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova