Imprimir

ALUMNOS DO IES LUCUS AUGUSTI VISITARON HOXE O CEI-NODUS


24/4/2014

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, recibiu esta mañá a un grupo de estudantes do IES Lucus Augusti que visitaron as instalacións do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

Esther Muñoz mantivo un breve encontro cos mozos, alumnos de 3º e 4º da ESO que hoxe tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento do CEI-Nodus e do Espazo>Lab.

A visita deste grupo, formado por 34 mozos que cursan a materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras no IES Lucus Augusti, completouse cunha charla sobre “Motivación para emprender” e coa asistencia a un obradoiro de cooperativismo.