Imprimir

O II TROCO XUVENIL TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO 26 DE ABRIL NA PRAZA MAIOR


24/4/2014

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,  informa que este sábado 26 de abril vaise celebrar nos soportais da Praza Maior o II Troco Xuvenil. Desta maneira, entre as 11 e as 13.30 horas todos os mozos e mozas poderán intercambiar todas aquelas cousas que non lles sirvan por outras que precisen como poden ser videoxogos, libros ou roupa.

A idea é que as cousas que se acumulan na casa e que están en boas condicións pero non se usan poden ser obxecto de troco para conseguir outras que si que poden facer falta. Así, os mozos e mozas interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude, no teléfono 982 29 74 44 ou a través do facebook Casa da Xuventude.

As persoas que se acheguen ao II Troco tamén poderán ver exhibicións de Break Dance, Hip Hop, e Acrosport, que realizarán docente e alumnos da Casa da Xuventude xa que son actividades programadas dentro do programa Sábados +XTI.