Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local, satisfeito coa boa marcha das negociacións co PP para aprobar os investimentos municipais en obras e servizos sociais


# Xoves, 24/04/2014
Luis Álvarez destacou que trala primeira xuntanza, celebrada esta mañá, “estamos moi preto de chegar a un acordo” e agradeceu o talante negociador do PP

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Goberno local amosou a súa satisfacción pola boa marcha das negociacións co Partido Popular para aprobar os investimentos municipais que se executarán este ano con cargo ós remanentes económicos do Concello.

O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, compareceron ante os medios de comunicación para dar conta do resultado das negociacións abertas co Grupo municipal Popular.

“Manifestamos a satisfacción do Gobermo municipal, entendemos que estamos moi preto de chegar a un acordo”, salientou Luis Álvarez logo da primeira reunión celebrada esta mañá e que durou dúas horas e media.

 “A falta de concretar algún aspecto moi puntual, entendemos que seremos capaces de aprobar neste Pleno de maio o mesmo que foi rexeitado en abril”, explicou o Voceiro do Goberno local, xa que na reunión de hoxe “prácticamente quedou pechado un acordo para que poidamos aprobar no Pleno de maio as mesmas actuacións que se levaron no do mes de abril logo de que se fixesen determinadas peticións por parte do Partido Popular en partidas que figuran de forma xenérica na proposta que presentou o Goberno”.

Luis Álvarez explicou que hoxe tamén quedou “pechado un capítulo fundamental como é o dos Servizos Sociais, xa que as obras son importantes pero, como se sabe, para este Goberno municipal o buque insignia é todo o referido a axuda ás persoas”.

O Voceiro do Goberno salientou, ademais, que a  boa marcha das negociacións “evidencia que falando somos quen de entendernos posto que compartimos a maior parte das propostas de investimento que se tiñan previsto levar a cabo polo Goberno dentro do proxecto de Orzamentos para 2014” e destacou que “é xusto agradecer a postura negociadora do Partido Popular durante a reunión”.

Sobre as condicións que o Grupo Popular consideraba imprescindibles para negociar, Álvarez informou de que o Goberno presentará o sistema que ten previsto para controlar a facturación eléctrica, que non ten por qué pasar polo reforzo do servizo electromecánico. Tamén se lle facilitaron os listados da facturación pendente de pago, aínda que, como lles matizou a técnica de Tesourería que entregou a documentación, a Contabilidade é algo vivo, polo que facturas que hoxe non están pagadas poden ter sido aboadas mañá. Tocante á parte pendente de aprobación do PXOM, Luis Álvarez reiterou o ofrecemento de que o Partido Popular reciba as explicacións que precise dos técnicos municipais e insistiu en que, se os técnicos consideran posible que o Concello asuma facer os estudos hidrolóxicos, o Goberno reservará a partida económica para levalos adiante, sempre co aval dos técnicos municipais.

O Alcalde, José López Orozco, e os Concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, representaron ó Goberno local na xuntanza e polo Partido Popular estiveron presentes o Voceiro, Jaime Castiñeira, xunto cos Concelleiros Antonio Ameijide e José Antonio Plaza.

As negociacións proseguirán mañá, a partir das 9.00 horas, para pechar os flecos que quedaron pendentes de pechar, que tratan fundamentalmente sobre as obras na zona rural e tamén se falará de cuestións como o proxecto de renovación da rede de abastecemento de auga que é de fibrocementeo e a revisión do Pepri.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova