Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asiste ao acto do 10º aniversario da titulación de Enxeñería Xeomática e Topografía da USC en Lugo


# Xoves, 24/04/2014


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá ao 10º Aniversario da titulación de Enxeñería Xeomática e Topografía da USC que se celebrou na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. No acto no que tamén participaron o Vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación, Pablo Ramil, a Vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, o Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía, Andrés Díaz Galilea, o Xefe do Observatorio Xeofísico de Santiago, Luis Mendoza Barros, e o Subdirector do Departamento Técnico de Estudos do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Alfredo Fernández Ríos.

López Orozco deu as grazas ás persoas que crearon esta titulación en Lugo e que permitiu formar a diversas xeracións de estudantes nunha materia que é moi útil como é a topografía. Ademais explicou que “dende que estou no Concello de Lugo entendín a importancia dos estudos topográficos á hora de resolver problemas de lindes entre parroquias ou con outros Concellos”.

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo formou un total de 155 enxeñeiros en Topografía (138 enxeñeiros/as técnicos/as en Topografía e 17 graduados/as en Enxeñería en Xeomática e Topografía) desde o curso 2003-2004, data na que se implantou no campus de Lugo esta titulación, que ata o momento non existía na oferta académica do Sistema Universitario Galego (SUG). No acto, ademais de poñer en valor a formación en Xeomática e Topografía, tamén se distinguiu aos titulados das oito promocións que tiveron Premios Extraordinarios polos seus resultados académicos.

Esta celebración institucional, serviu tamén para facer un breve percorrido pola aínda curta historia desta titulación no campus de Lugo e tamén para poñer de relevo a importancia dos coñecementos de xeomática, cartografía e topografía, por tratarse de formación transversal que tamén está presente noutras titulacións universitarias, ademais de pola súa utilidade práctica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova