Cargando....
Concello de Lugo
23/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Os restos arqueolóxicos de Lugo despertan interese nun grupo de profesores da USC


# Xoves, 24/04/2014
Ademais dos xacementos arqueolóxicos da cidade visitaron a estrutura funeraria do Vello Cárcere

Imaxe Asociada
Un grupo de profesores universitarios e investigadores, encabezados pola Directora do Departamento de Historia I da USC, Raquel Casal, e que forman parte do profesorado do Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade impartido pola Universidade de Santiago de Compostela, visitaron esta tarde a estrutura funeraria descuberta nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere.

Nesta visita de excepción estiveron acompañados pola Xefa de Arqueoloxia do Concello de Lugo, Covadonga Carreño, que lles explicou os restos atopados e como se fixo a súa rehabilitación. Desta maneira, puideron ver a estrutura ou cámara funeraria moi puco común na zona norte de España.

A musealiazación in situ e a súa rehabilitación levouse a cabo con fondos do Plan URBAN que ten o 80% de cofinanciación do FEDER da Unión Europea, e que permitirá desfrutar aos cidadáns dun novo espazo arqueolóxico na cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova