Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Final Provincial de Duatlón Escolar levarase a cabo no entorno do Río Rato


# Xoves, 24/04/2014
Estímase a participación de 60 duatletas nesta proba que terá lugar o sábado 26 de abril

O próximo sábado 26 de abril celebrarase na cidade de Lugo a Final Provincial de Dúatlon Escolar deste ano. Esta proba organizada pola agrupación deportiva Fefeme Triatlón do Miño e a Federación Galega de Tríatlon disputarase no entorno do Río Rato, con saída e meta á altura do restaurante Terras do Miño.

A participación estimada é duns 60 duatletas de toda a provincia integrantes dos clubes Cidade de Lugo Fluvial, A.D. Tripenta Terras de Lugo, Escola Municipal de Vilalba, Escolas Deportivas de Mondoñedo e A.D. San Roque de Viveiro.

Esta será a derradeira das tres competicións do programa Xogade despois de dúas competicións clasificatorias en Guitiriz e Mondoñedo, onde se repartiron as prazas entre os participantes para esta final.

Haberá catro probas ao longo da tarde, comezando ás 16:00 horas coa categoría benxamín, cunha distancia de 500 metros de carreira a pé, 2 quilómetros de ciclismo e 250 metros de carreira a pé. Ás 16:20 horas será a categoría alevín, cunha distancia de 1 quilómetro de carreira a pé, 4 quilómetros de ciclismo e 500 metros de carreira a pé. Ás 16:50 horas terá lugar a categoría infantil, cunha distancia de 1,5 quilómetros de carreira a pé, 6 quilómetros de ciclismo e 750 metros de carreira a pé. E finalmente ás 17:30 horas celebrarase a categoría cadete, cunha distancia de 2 quilómetros de carreira a pé, 8 quilómetros de ciclismo e 1 quilómetro de carreira a pé. A entrega de medallas aos novos campións provinciais será ás 18:20 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova