Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local ten moi avanzada a negociación co Partido Popular para aprobar o Plan municipal de investimentos que vai superar os 7 millóns de euros


# Venres, 25/04/2014
Luis Álvarez  anuncia que xa hai acordo para levar ó Pleno de maio a proposta da primeira fase de investimentos que fora rexeitada este mes e que ten un presuposto de 3,3 millóns de euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A negociación tamén inclúe un plan de obras e máis recursos para políticas sociais, entre outros investimentos


O Goberno local segue a avanzar nas negociacións abertas co Partido Popular para sacar adiante o Plan municipal de investimentos para este ano, que, á espera de pechar definitivamente o acordo, vai ter un presuposto que superará os 7 millóns de euros financiados exclusivamente con remanentes económicos acumulados nos últimos anos polo Concello de Lugo.

As negociacións, iniciadas onte, continuaron esta mañá e nelas participan o Alcalde, José López Orozco; e os Concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, en representación do Goberno. Polo Partido Popular a delegación está integrada polo Voceiro do Grupo municipal, Jaime Castiñeira, e os Concelleiros Antonio Ameijide e José Antonio Plaza.

O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para dar conta dos avances nas negociacións .

Álvarez explicou que o encontro celebrado hoxe seguiu “no mesmo tono de entendemento de onte”, algo que dixo “é de celebrar”.

Sobre os resultados da reunión anunciou que “temos o acordo pechado co Partido Popular para a aprobación no próximo Pleno de maio da proposta de investimentos que se rexeitou no Pleno de abril” e explicou que nesa proposta “se incorporan algúns pequenos aspectos que o Partido Popular demandaba en actuacións xerais, sobre todo referidas a actuacións en edificios municipais e, como non é necesario facer un novo expedente, en maio aprobarase ese importante capítulo de investimentos”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, Álvarez aclarou que estas negociacións non son para un pacto de Goberno e explicou que “gobernar significa buscar solucións ós problemas dos cidadaáns e por iso nós estamos a buscar o acordo co Partido Popular, que é o Grupo municipal que non se autoexcluiu da posibilidade de negociar co Goberno”.

O importe económico da primeira fase do Plan de investimentos, que se aprobará no pleno de maio, acada os 3,3 millóns de euros, ós que se engadirán novos investimentos por importe de alomenos outros 3,5 millóns de euros para o Plan de obras e unha partida máis de 340.000 euros para aumentar os recursos que adica o Concello a políticas sociais.

Tamén está pechado o acordo para os investimentos en políticas sociais e hoxe negociáronse outras cuestións que quedaran pendentes onte como as obras na zona rural, así como as propostas do PP para a renovación da rede de abastecemento de auga de fibrocemento, a actualización do Pepri e a posibilidade de construir un novo ascensor en Fontiñas.

En canto ás pistas, das 15 pistas que propón facer en aglomerado en quente o PP, 8 xa estaban previstas na proposta elaborada polo Goberno. Das outras 7 farase agora unha avaliación económica para ver a posibilidade de encaixalas. Este investimento completarase co alquitranado e reparación de pistas a cargo da Brigada municipal.

En relación coa rede de abastecemento de fibrocemento, o acordo consiste en reservar unha partida a atender reparacións nesta rede e os cartos sobrantes irán destinados a renovación da mesma. 

Tamén se vai estudar qué aspectos do Pepri é necesario modificar neste momento, para o que se acordou convocar unha xuntanza con técnicos e cos sectores afectados.

No referido á proposta dun ascensor para Fontiñas decidiuse encargar un proxecto para determinar o custe e viabilidade desta infraestrutura.

Por último, Luis Álvarez anunciou unha nova xuntanza o vindeiro luns, coa participación de técnicos municipais, para abordar temas de persoal na que se falará sobre se hai posibilidade legal de reforzar o servizo electromecánico.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova