Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello investirá 220.000 euros do Plan Urban en axudar a empresas do Casco histórico, tanto para crear novos negocios como para facer máis atractivos os xa existentes


# Luns, 28/04/2014
A Concelleira de Economía lamenta que os Gobernos de Rajoy e Feijóo impidan ós emprendedores do resto da cidade beneficiarse de axudas para as que o Concello ten reservados 450.000 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A convocatoria de dúas liñas de axudas do Plan Urban publicarase esta semana no Boletín Oficial da Provincia

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou hoxe que o Concello de Lugo vai adicar 220.000 euros do Plan Urban á convocatoria de axudas para empresas do Casco histórico.

Méndez deu a coñecer a convocatoria das axudas a negocios do Casco histórico ó tempo que lamentou que o Concello teña que seguir agardando autorización da Xunta para poder convocar a liña de 450.000 euros para axudas a emprendedores do resto da cidade, porque seguimos á espera do permiso da Xunta, ó que obriga a Lei Rajoy de Administracións locais.

Haberá dúas liñas de axudas, unha delas destinada a mellorar a imaxe dos negocios, coa instalación de rótulos, toldos e terrazas e a renovación de fachadas, ademais da instalación de ventás arqueolóxicas na entrada ou no interior dos establecementos, e outra que ten a finalidade de apoiar a creación de novas actividades económicas e a creación de emprego.

A convocatoria das dúas liñas de axuda a empresas situadas no Casco histórico, que concede o Plan Urban, cofinanciado ó 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Concello e a Deputación, sairá publicada esta semana no Boletín Oficial da Provincia.

Unha vez publicada a convocatoria, abrirase o prazo para a presentación de solicitudes que será ata o 20 de xuño, no caso das axudas para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas, e ata o 27 de xuño nas achegas para apoio a novas actividades económicas.

Novos negocios

Para fomentar as novas actividades económicas no Casco histórico establécese unha partida de 120.000 euros. As achegas terán en conta os postos de traballo creados e da empresa pode recibir unha axuda máxima do 50% do gasto ata un tope de 15.000 euros. As achegas por cada posto de traballo creado. 

A esta liña de axudas poden acollerse pemes que abran un centro de traballo na zona URBAN dende o 1 de xaneiro de 2014 coa condición de que xeren postos de traballo cun mínimo dun ano de duración ou sempre que se trate de negocios saídos dos viveiros de empresas do Concello, da Cámara de Comercio ou da CEL. Os investimentos subvencionables son tanto maquinaria ou ferramenta como mobiliario, equipos informáticos e a compra, construción ou rehabilitación do local necesario para o funcionamento da empresa.

Cada empresa poderá recibir un tope de 15.000 euros. O máximo da axuda será do 50% do gasto e as achegas serán de 6.000 euros por posto de traballo ocupado por un home, de 8.000 se a persoa contratada é unha muller e, no caso de que os traballadores proveñan dalgunha actuación formativa promovida polo Plan URBAN, os importes máximos por posto de traballo incrementaranse en 4.000 euros.

Mellora de negocios xa existentes

A convocatoria de axudas a locais de negocio ten unha partida total de 100.000 euros para a mellora da imaxe exterior dos establecementos, co fin de facelos máis atractivos e tamén para contribuir a mellorar a estética das rúas do Centro de Lugo.

Neste caso, os conceptos subvencionables son cartelería, escaparates, toldos, fachadas, terrazas, ventás arqueolóxicas e patios de fachada, sobre todo os que dan cara o adarve da Muralla.

Para rótulos e toldos de fachadas, a axuda máxima será de 4.000 euros e para a mellora de fachadas establécese un límite de 300 euros por metro cadrado e de 120 euros/metro cadrado cando se trate de patios de fachada principal, incluído peche.

As achegas serán do 50% total de gastos a fondo perdido no caso de microempresas e pequenas empresas e do 40% no caso de medianas empresas, cun máximo de 15.000 euros por empresa beneficiaria e ano.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova