Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Música, teatro, humor, e visitas culturais forman a nova programación cultural do Concello para os meses de maio e xuño


# Luns, 28/04/2014
A segunda cita da Cata Literaria no MIHL será o xoves 8 de maio ás 20 horas co escritor galego Pedro Feijoo

Imaxe Asociada
 O mércores 30 de abril na Praza do Cantiño haberá un concerto para celebrar o Dia Mundial do Jazz


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a nova programación cultural para os meses de maio e xuño de 2014. “Haberá teatro afeccionado, música de jazz, comedia con Berto Romero, e moitas máis actividades para que os cidadáns poidan desfrutar ao longo destes meses tanto no MIHL e no Auditorio como na propia rúa ou na zona rural” segundo explicou Carmen Basadre.

Así o mes de maio comezará o día 3 co concerto de jazz de Aurora Garcia e Telmo Fernández que forman o grupo Soul Quartet, será ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire e a entrada terá un prezo único de 5 euros. Entre o 4 e o 10 de maio desenvolverase o programa da XI LugoMáxico en diferentes lugares da cidade. 

O venres 16 de maio, ás 21.30 horas, o humorista Berto Romero representará o seu monólogo Sigue con nosotros e as entradas poderán mercarse a través de www.servinova.com ou 902 504 500. Tamén haberá dúas galas de fin de curso do Grao elemental e do Grao Profesional do Conservatorio de Danza que terá lugar os días 22 e 23 de maio no Auditorio Municipal. 

Durante o mes de xuño, o Auditorio Gustavo Freire, acollerá tamén diferentes actividades como son as representacións de grupos de teatro afeccionado, que comezará o domingo 8 de xuño ás 20.30 horas co Grupo Pinchacarneiros e a Fundación Anade coa representación de Os perseguidores de soños. O mércores 25 de xuño Os Palimoquiños representan Real ou non dirixido por Paloma Lugilde. Tamén haberá sesión de teatro afeccionado o sábado 28 de xuño co grupo Down Lugo e a súa peza Dimes y diretes dirixida por Lucía Mayo, e finalmente, o domingo 29 tamén as Nova Escena dirixida por Xoán C. Laxe interpretarán a peza teatral A Pócema. Todas as representacións serán as 20.30 horas e terán un prezo único de entrada de 3 euros dende unha hora antes da actuación.

Tamén haberá música, co concerto de despedida de Berrogüetto, Kosmogonías, o 20 de xuño ás 21.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, e do que xa están dispoñibles as entradas en www.entradas.lugo.es a un prezo de 10 euros anticipada e a 13 euros no Auditorio o mesmo día. Outro dos concertos será o de Jotinho´s Bossa Nova que homenaxearán La Fusa na clausura do curso na Casa das Linguas o dia 11. Tamén a Banda Municipal de Música ofrecerá dous concertos didácticos os días 10 e 17 de xuño e fará un concerto de fin de curso da Escola de Música o dia 26 de xuño.

Ademais de todas estas actividades hai programadas visitas dentro do programa Lugo pedra a pedra e Terras de Auga e Cultura, que permitirán aos excursionistas coñecer outras parte de Lugo e da súa zona rural.

Concerto Dia Internacional Jazz
O día 30 de abril é o Dia Internacional de Jazz e para conmemoralo haberá un concerto na Praza do Cantiño ás 20.00 horas no que participarán membros da Aula Big Band da Escola Municipal de Música de Lugo e membros da Aula de Big Band da Escola de Música Rábade e Begonte.

II Cata literaria MIHL
A responsable da área de Cultura tamén anunciou o próximo escritor protagonista da II Cata Literaria que vai ter lugar o xoves 8 de maio ás 20.00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo, e que será Pedro Feijoo. Ademais tamén indicou que as Catas literarias pasarán a ser definitivamente o segundo xoves de cada mes e que terán un prezo único de 5 euros.


Animación á lectura
A próxima cita será o xoves 8 de maio coa historia Rás!Contos batracios interpretado por Os Contos de Pablísimo e que está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ten unha duración de 40 minutos. O 15 de maio Elefante Elegante contará o conto Lobo bobo dirixido a maiores de 3 anos e co que se encontrarán respostas a moitas incógnitas dos tradicionais contos. 

Finalmente, o 29 de maio, O misterio do pirata Benito Soto quedará descuberto grazas ao contacontos Polo Correo do Vento. A idade recomendade é para maiores de 3 anos e nela mistúrase a oralidade coas ilustracións.Estas tres citas serán todas ás 19.00 horas no Biblioteca Municipal onde tamén poderán retirar as invitacións para asistir ás actividades.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova