Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adxudica obras valoradas en 424.000 euros, entre elas a do Mercado municipal


# Martes, 29/04/2014
A reforma do Mercado Quiroga Ballesteros costará 341.000 euros e será financiada polo Plan Urban

O Alcalde, José López Orozco, anunciou esta mañá que o Concello de Lugo adxudicou hoxe dúas importantes obras que sen van realizar nos próximos meses na cidade e na zona rural cun investimento total de 424.456 euros.

Os dous proxectos son a reforma do Mercado municipal Quiroga Ballesteros e os accesos Carballido-As Regas.

O Alcalde explicou que “para o Concello é unha satisfacción poder anunciar a realización destas obras porque estamos convencidos de que, con elas, axudamos a crear emprego e tamén contribuimos a que as empresas teñan traballo co que manterse”.

López Orozco destacou, tamén, que “a reforma  do Mercado municipal de Quiroga Ballesteros foi consensuada cos titulares dos postos” e infomou de que a execución deste proxecto suporá un investimento de 341.106 euros.

A obra foi adxudicada hoxe á empresa Orega cun prazo de execución de 4 meses. Os traballos comezarán unha vez realizados os trámites administrativos e asinado o contrato.

O proxecto de reforma do Mercado Quiroga Ballesteros será financiado con fondos do Plan Urban, ó que fan achegas a Unión Europea a través do FEDER, que cofinancia o 80%, así como o Concello de Lugo e a Deputación provincial.

Para realizar esta obra, que saira a licitación cun presuposto de 487.295 euros, presentaron ofertas 46 empresas, das que 2 foron excluídas por incorrer as súas propostas económicas en baixa temeraria.

Esta obra forma parte dun gran proxecto integral do Concello, que se realizará ó abeiro do Plan Urban e que contempla tanto a mellora e modernización do Mercado como a da Praza de Abastos e do seu contorno.

O proxecto de modernización do Mercado da rúa Quiroga Ballesteros foi realizado polo equipo de arquitectos lucenses Alba más Arias e contou coa participación do arquitecto, xa falecido, José Arias Jordán, bó coñecedor do Mercado, xa que foi o encargado da última remodelación do mesmo, feita en 1997.

O Concello investiu 17.110 euros na redacción deste proxecto que inclúe, entre outras actuacións, a instalación de novo mobiliario apto para darlle distintos usos ó espazo central do Mercado, e tamén afecta a elementos estruturais como a cuberta, ademais da renovación dos sistemas eléctrico e contraincendios, de vixilancia e megafonía e outras melloras como a renovación dos aseos, a instalación de wifi ou a supresión de calquera barreira para facer accesible o edificio mesmo para persoas con problemas de visión.

Acceso Carballido-As Regas

O Concello tamén adxudicou hoxe o proxecto de mellora do acceso de Carballido-As Regas, “unha obra necesaria e importante”, dixo o Alcalde. Esta obra suporá un investimento de 83.350 euros e será realizada pola empresa Proyecon. O prazo de execución será de dous meses, a partir do comezo da obra, que está previsto para dentro dun mes.

O prezo de licitación desta actuación fora de 110.827 euros e o Concello recibiu ofertas de 27 empresas, quedaron excluídas por incorrer en baixa temeraria.

Ponte do Mera e pavimento de Rosende

A Mesa de contratación tamén abriu hoxe as ofertas económicas presentadas para a execución doutras dúas obras. Trátase da construción dunha estrutura sobre o río Mera
e a rexeneración de pavimento en Rosende.

A execución da estrutura sobre o río Mera saiu a concurso cun prezo de licitación de 228.811 euros e un prazo de execución de 10 semanas. Para realizar esta obra o Concello recibiu ofertas de 19 empresas. Algunhas delas poderían incorrer en baixa temeraria. Por este motivo, a Mesa de contratación acordou darlles un prazo ás empresas para que xustifiquen as súas propostas.

O proxecto de rexeneración de pavimento en Rosende ten un presuposto de licitación de 140.651 euros e un prazo de execución de 3 meses. Neste caso foron 26 as empresas que presentaron propostas e tamén se deu prazo para a xustificación das posibles baixas temerarias.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova