Imprimir

O ALCALDE ASISTE Á PRESENTACIÓN DA FESTA DO MELINDRE DE MELIDE


29/4/2014

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, asistiron esta mañá á presentación da XXIII Festa do Melindre, que estivo a cargo da Alcaldesa da vila coruñesa de Melide, Angeles Vázquez Mejuto. No acto, celebrado nunha carpa instalada no fondo da praza Maior, tamén participou a Delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.

O Alcalde deulle a benvida á Rexedora de Melide e acompañouna no acto no que Angeles Vázquez anunciou a celebración, o domingo 11 de maio, da XXIII Festa do melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide.

O programa da festa comezará ás 11.00 horas e rematará ás 18.30 coa actuación de Kepa Junkera e Xabier Díaz.

Ademais das intervencións, o acto completouse cunha degustación de melindres e outros pasteis típicos de Melide.