Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo farase cargo do legado do atleta Joaquin Allende que recolle a historia do atletismo de Lugo


# Martes, 29/04/2014
O Concelleiro de Deportes explicou que, seguindo o desexo da familia, se dixitalizará e porá en valor a documentación recollida

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, acompañado por Manuel Valledor da Federación Galega de Atletismo, e polos ex-atletas, Manolo Paredes e Sergio Vázquez, lembraron ao atleta Joaquin Allende falecido hai uns meses e que legou toda a súa documentación sobre este deporte ao Concello de Lugo.

Díaz Grandío explicou que Joaquin Allende formou parte dunha xeración que contou con moitos e bos atletas e que ao longo da súa vida foi recopilando datos e información do atletismo en xeral, dende as competición en Lugo ata as Olimpiadas, que agora pasan a mans do Concello como quería a súa familia.

“A intención do Concello é que toda esa documentación que foi recollendo dende os anos 50 se dixitalice e se poña en valor para que nun futuro calquera persoa interesada poida consultar os datos” segundo indicou o responsable da área de Deportes. No acto tamén participaron seis ex atletas que compartiron diferentes momentos e etapas de Joaquin Allende.

Tanto Manolo Paredes como Sergio Vázquez lembraron as marcas deportivas e o bo facer deste atleta que durante os anos 50 tivo o record provincial en varias das modalidades de atletismo e que foi gardando unha gran información sobre este deporte na cidade.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova