Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A V Gala Lvcvs Moda rendirá homenaxe á Ribeira Sacra e a recadación donarase ao Fogar do Transeúnte


# Mércores, 30/04/2014
A Gala terá lugar o mércores 7 de maio ás 21.00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto coa Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron a Gala Lvcvs Moda 2014 que se celebra o próximo mércores 7 de maio no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Esta nova edición da Gala estará adicada á Ribeira Sacra en apoio á súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.

No acto estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, asociación que nesta ocasión organiza a iniciativa posta en marcha por Deputación de Lugo e Concello hai cinco anos. Ambas Administracións continúan colaborando intensamente para poñer en valor a creatividade lucense neste evento con fins benéficos, xa que a recadación irá destinada ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

Así o 7 de maio, ás 21:00 horas, no MIHL, os lucenses teñen unha nova cita con 7 deseñadores, 18 firmas de artesanía e 14 profesionais da imaxe e a estética, que atraerán a atención dos medios, como en anteriores ocasións. As entradas poderán mercarse dende hoxe nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ó mesmo prezo que en anos anteriores, 20 euros.

Nesta ocasión estarán presentes 7 deseñadores, algúns dos cales participan por primeira vez: Inpe-Abrigo Verde-SCQ; Luis Areñas para Manuela López; Manuel Bolaño; María Tacón, Mariola Lulú; Montse Arias e Tina Cortón. As 18 firmas de artesanía de toda a provincia que estarán presentes, e algunhas das cales tamén se estrean na pasarela, son Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cesteríaviva; Corazóns Artesáns; Entretecido; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro; Obradoiro en lá; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla e Yanllan, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos. Tamén os asistentes poderán asistir ó espectáculo que ofrecerán as 14 peluquerías presentes: os veteráns Attelier; Eduardo Souto; Miriam Souto e Mohama; e os debutantes na Lvcvs Moda Avalon; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva e Vanessa Martínez Estilistas. Todos eles amosarán espectaculares traballos de maquillaxe e peiteados.

Tal e como xa é habitual, nesta ocasión volven ser moitos os negocios lucenses que prestan a súa colaboración con este evento, xa que tamén para eles supón un inmellorable escaparate. Nesta ocasión son 24 firmas colaboradoras: Adamascada Personal Shopper, Begano (Coca Cola); Cátering Central II; Deportes Marathon; Dick&Paul; Estrella Galicia; Estudios Abrigueiro; Hasta en un iglú; Hotel Méndez Núñez; IES Muralla Romana; M&N para Joyería Senén; Kubika; La postrería de Noe; Lolita Blu; Messalina; Modesto SantaEularia; Porta Castelli; Ramón rebolo; Restaurante España; Romago Spain; Secretos de Galicia; Torques; Zapatería Cuplé e Zapatería Zhoe, que prestarán o seu apoio á Gala Lvcvs Moda 2014.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova