Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello montará un dispositivo especial de tráfico este sábado no contorno do Anxo Carro con motivo do partido de fútbol CD Lugo-Deportivo


# Mércores, 30/04/2014


O Concello de Lugo comunica que a Policía Local organizará un dispositivo especial de tráfico este sábado ante a previsión de que gran número de persoas se desplazarán ó estadio Anxo Carro para presenzar o partido de fútbol que xogarán o CD Lugo e o Deportivo da Coruña. 

Ante a grande afluencia de siareiros tanto lucenses como coruñeses que se congregarán nas inmediacións do campo de fútbol, a Policía Local aconsella renuncia ó uso de vehículos particulares para trasladarse ó estadio e desplazarse a pé ou en transporte público.

O obxectivo primordial deste operativo que montará o Gabinete de Tráfico da Policía Local será evitar o colapso da circulación nos viais que dan acceso e arrodean o estadio, unha vez que estean ocupadas todas as prazas de aparcamento na zona.

Desde as 9.00 da mañá poñerase en marcha este dispositivo de tráfico no que se prevé cortar á circulación os dous accesos da Nacional VI cara o Anxo Carro, así como realizar cortes de tráfico nalgúns treitos das seguintes rúas: Avenida Marqués de Ombreiro, Paseo Palestina, Avenida dos Deportes, Avenida das Américas e Ronda do Carme.

Os preparativos do dispositivo de tráfico xa comezarán o venres, día 2, pola mañá.

Dacordo coas previsións, a media mañá do sábado chegarán a Lugo parte dos 80 autobuses que transportarán siareiros dende A Coruña. Os autobuses que transporten aficionados ó estadio terán habilitada unha zona de estacionamento en San Fiz, nas inmediacións do Edificio da Policía Local.

Os autocares que veñan pola tarde xa non poderán acceder ata o campo de fútbol, debido a que se agarda que as zonas de estacionamento estén cheas e, tamén, porque se prevé a presenza de moitos siareiros nas inmediacións. A maioría destes autobuses accederán pola vía que comunica a variante N-VI coa glorieta de “Carrefour”, onde se lles indicará que efectúen a descarga de viaxeiros no treito de sua da Avenida dos Deportes e Marqués de Ombreiro, que previamente estará cortada ó tráfico rodado.

O Club Deportivo Lugo solicitou a reserva de gran parte do aparcamento situado fronte á grada leste, a que dá ó Pazo de Feiras, que será acotado para o estacionamento dos autobuses dos dous equipos, forzas de seguridade, ambulancias, etc. 

No dispositivo de tráfico e seguridade organizado con motivo deste evento deportivo colaborarán a Policía Local, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Policía Autonómica, ademais de Protección Civil.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova