Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo comeza un novo ciclo de visitas guiadas ao Cemiterio Municipal


# Mércores, 30/04/2014
 Este próximo domingo dia 4 de maio o Cemiterio permanecerá aberto ininterrumpido entre as 10 e as 19 horas 

Imaxe Asociada
 O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, presentou esta mañá as novas actividades do Cemiterio Municipal e do que destacan as visitas guiadas que se sucederán durante a época estival e ata o mes de novembro.

A primeira visita programa será o domingo 11 de maio ás 11 da mañá e aquelas persoas interesadas poderán inscribirse ou solicitar información no servizo 010 ou no 982.297.350. Esta é unha  actividade que se ven realizando xa desde o ano 2010 e que ao longo das súas edicións posteriores foi acadando unha mellor acollida entre a poboaciòn, convertíndose nun elemento dinamizador máis da vida cultural da cidade.

Manuel Núñez explicou que “durante estes meses tamén se estiveron facendo visitas didácticas para estudantes universitarios e clases de arte e queremos que se siga consolidando como un atractivo especial máis”. Ademais tamén indicou que este ano se celebra o 70 aniversario do falecemento do arquitecto Eloi Maquieira que deseñou o actual Cemiterio, o Mercado de Quiroga Ballesteros ou o IES Xoán Montes. Por este motivo a andaina que terá lugar no mes de xuño sairá dende o Mercado de Quiroga Ballesteros, seguirá polo Camiño Primitivo ata o Cemiterio.


Dia da Nai

Por outra banda, este domingo dia 4 de maio, con motivo da celebración do Día da Nai, o Cemiterio permanecerá aberto pola tarde  en horario ininterrumpido entre as 10 e as 19 horas da tarde, a fin de facilitar o acceso e as visitas durante toda esta xornada que é moi especial para moitos veciños e veciñas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova