Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Convivencia de Fingoi acolle unha exposición de debuxos sobre lactancia materna


# Venres, 02/05/2014
A exposición está formada por trinta debuxos feitos por nenos e nenas de entre catro e dez anos

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que o Centro de Convivencia de Fingoi acollerá unha exposición de debuxos sobre lactancia materna dende o próximo luns 5 de maio.

Esta exposición poderase visitar ata o 5 de xuño no horario de apertura do Centro de Convivencia e está organizada polo Concello de Lugo, dentro das actividades de Animación Sociocultural, e a asociación Bico de Leite.

A exposición está formada por trinta debuxos feitos por nenos e nenas de entre catro e dez anos, nun obradoiro organizado pola asociación Bico de Leite na Biblioteca Nodal, despois de que asistiran a un contacontos teatralizado e musicalizado, que conta unha historia relacionada coa lactancia materna.

Ademais no mes de outubro, coincidindo coa Semana da Lactancia Materna, o Concello de Lugo, a través da Animación Sociocultural, e asociación Bico de Leite organizarán no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra unha charla-obradoiro sobre lactancia materna dirixida aos avós. Poderase obter máis información deste evento no propio centro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova