Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello mellorará o alumeado público en oito parroquias da zona rural coa instalación de novos puntos de luz


# Venres, 02/05/2014


O Concello mellorará o alumeado público en distintos lugares da zona rural de Lugo coa instalación de novos puntos de luz, actuación que levará a cabo a Concellería de Infraestruturas e Zona Rural, dirixida por Manuel Chaín.

O investimento que realizará o Concello nesta iniciativa é de 9.732 euros, segundo acordou hoxe a Xunta de Compras.

O proxecto consiste no aumento de instalación de puntos de luz en distintos lugars das seguintes parroquias: Mazoi, Recimil, Santa María de Bóveda, Benade, Bosende, Pías, Gondar e Meilán.


Vello Cárcere

A Xunta de Compras tamén aprobou esta mañá a contratación dunha obra complementaria da segunda fase do proxecto para a creación do Centro cultural do Vello Cárcere.

As obras consisten nunha nova cimentación e a realización destes traballos complementarios é necesaria xa que a rehabilitación puxo ó descuberto a existencia de ladrillo onde se esperaba que fosen de mampostería de pedra. Por elo, é necesaria a estabilización e reforzo da fachada do edificio.

O proxecto conta con informe favorable de Patrimonio da Xunta. Será executado pola empresa San José e terá un custe de 55.000 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova