Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o I Encontro de Cidades Augusteas de Gallaecia que reúne no MIHL a Lugo, Astorga e Braga


# Venres, 02/05/2014
O Encontro inclúe unha mostra de artigos de reconstrución histórica, obradoiros, unha mesa redonda de arqueoloxía e rematará coa IV Mostra de moda romana e castrexa

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
No desfile de moda exhibiranse deseños de roupa, complementos e perruquería para lucir no Arde Lucus 2014

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto coa Deputada provincial de Economía e Facenda, Pilar Garcia Porto, asistiron á apertura dos postos dos expositores que participan no I Encontro das Cidades Augústeas da Gallaecia (Braga, Astorga e Lugo).

O I Encontro de Cidades Augusteas da Gallaecia celebrase durante tres días no MIHL e rematará o domingo coa celebración da IV Mostra de Mora Romana e Castrexa para o Arde Lucus 2014.

Dende hoxe ata o domingo, o Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle mostras de artigos romanos de reconstrución histórica (xoiaría, vestimenta, armamento…), diferentes obradoiros a cargo das asociacións romanas e castrexas, xogos romanos, e mesas redondas sobre a antiga Gallaecia. Nestas xornadas tamén se presentará unha nova asociación de recreación histórica denominada Mercenarios Galaicos e o domingo 4 de maio ás 19.30 horas levarase a cabo o IV Mostra de Moda Romana e Castrexa para o Arde Lucus 2014.

Durante este I Encontro vanse realizar diferentes conferencias e mesas redondas, que comezan hoxe, ás oito da tarde, co seminario sobre A Mineria  romana, impartido por Xavier Barros Pereira. Mañá, sábado, ás once, comezará o I Encontro Arqueolóxico e haberá unha visita polo MIHL guiada polo Servizo de Arqueoloxía do Concello. Posteriormente, ás doce, terá lugar unha mesa redonda sobre As capitais dos conventos xurídicos da Gallaecia a cargo dos arqueólogos municipais de Astorga, Lugo e Braga, tres cidades que comparten o ter sido fundadas por César Augusto. Xunto con Covadonga Carreño, Xefa do Servizo de Arqueoloxía de Lugo, participarán Mª Ángeles Sevillano, arqueóloga municipal de Astorga, e Armanino Cunha, arqueólogo municipal de Braga.

O I Encontro de Cidades Augusteas da Gallaecia pecharase o domingo coa celebración da IV Mostra de moda romana e castrexa para o Arde Lucus 2014 no que participarán os seguintes deseñadores e perruqueiros: Corazóns Artesáns, Don Botón, Emporium, María Tacón, Muy Kuki, O Ganduxo, O Mundo das Telas e Fé Castro González, Unha de Romanos, Peluquería Avalon, O baúl da beleza, Miriam Souto peluqueros e Vanessa Martínez peluqueros. Representantes dos participantes neste desfile da moda romana e castrexa acompañaron hoxe á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua na presentación do evento.

Carmen Basadre agradeceu a implicación destes creadores e estilistas e aproveitou para convidar a todos os lucenses a visitar durante estes tres días o MIHL para empezar a facer os preparativos con vistas á celebración do Arde Lucus, que este ano terá lugar entre os días 13 e 15 de xuño. 

A presentación do desfile correrá a cargo de Gema Pardo actriz e presentadora de televisión, que participou en series como Matalobos, Padre Casares, e en programas como Mais retranca.

Para que todos os lucenses poidan achegarse a estas xornadas haberá un servizo de autobús urbano gratuíto que sairá o venres 2 ás 17, 18 e 19 horas, o sábado 3 e domingo 4 con horario ininterrumpido cada hora dende as 10.30 ata as 19.30 horas o sábado e o domingo ata as 17.30 horas e que terá como punto de saída o edificio de Sindicatos da Ronda da Muralla.

Na Mostra de artigos de reconstrución histórica participan artesáns de madeira, pedra, roupa, complementos, armas, artesanía floral, calzado, coiro, libros e xogos, lucernas romanas, tear, xoiería tradicional e cestería.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova