Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comeza o prazo para que asociacións de Lugo poidan solicitar un local na Nave das Asociacións


# Luns, 05/05/2014
Tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas do Plan Urban adicadas a empresas situadas no Casco histórico


A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá informa que dende mañá martes 6 de maio está aberto o prazo para que as asociacións sen ánimo de lucro poidan solicitar un dos locais da Nave das Asociación no Parque da Milagrosa no que desenvolver as súas actividades.

Con esta convocatoria preténdese pór a disposición das entidades e asociacións que cumpran os requisitos establecidos nestas bases e resulten beneficiarias os locais da dita nave mediante a autorización de uso temporal e en precario dos locais que se asignen. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contados dende mañá martes. O Concello de Lugo dispón desta nave de asociacións sita no Parque da Milagrosa que consta de dez locais e un salón para o seu uso dende o ano 2007.


Plan Urban

Tamén xa se poden solicitar as axudas do Plan Urban compostas por dúas liñas de axudas, unha delas destinada a mellorar a imaxe dos negocios, coa instalación de rótulos, toldos e terrazas e a renovación de fachadas, ademais da instalación de ventás arqueolóxicas na entrada ou no interior dos establecementos, e outra que ten a finalidade de apoiar a creación de novas actividades económicas e a creación de emprego. Esta convocatoria está cofinanciado ó 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Concello e a Deputación.

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 20 de xuño, no caso das axudas para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas, e ata o 27 de xuño nas achegas para apoio a novas actividades económicas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova