Imprimir

UN GRUPO DE ESTUDANTES DE ALEMAÑA VISITARON ESTA MAÑÁ A CASA DO CONCELLO


5/5/2014

 O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá  a visita dun grupo de 28 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que estiveron semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses.


López Orozco deulles a benvida en alemán e falou da importancia que estes intercambios de alumnos, a nivel europeo, teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas e creando unha Europa unida”.

Ademais tamén os convidou para que o próximo intercambio con Lugo sexa nos mes de xuño coincidindo co Arde Lucus para que “os alemáns coñezan a recreación que facemos do noso pasado histórico e que se divirtan nesta festa”.