Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 30 de maio remata o prazo do concurso de deseño gráfico do que se escollerá o cartel anunciador do San Froilán 2014


# Martes, 06/05/2014
Tamén os menores de 15 anos poderán participar na creación do cartel para o San Froilán Miúdo 2014 do que remata o prazo o 30 de maio

Xa está aberto o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador das Festas do San Froilán 2014 organizado polo Concello de Lugo. O prazo para presentar os traballos está aberto ata ás 14:30 horas do venres 30 de maio. Os interesados poderán entregar ou mandar a súa obra por correo postal á Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua situada na Praza Maior nº1, 27001, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50x70 cm. e con 72 ppp de resolución (1417x1984 píxeles), en soporte cd ou lapis de memoria ou a través de culturaarrobaconcellodelugo.org .

O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2014 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia. As  técnicas son libres e, neste ano 2014, contribuirán a enxalzar a cidade de Lugo e as súas festas patronais de San Froilán.

Nos deseños debe figurar o texto: “Lugo, San Froilán 2014, 4-12 de Outubro, Excmo. Concello de Lugo” e os lemas “Festa de Interese Turístico Galego” e “Fiesta de Interés Turístico Nacional”. Tamén deberá aparecer o logotipo do Concello.

O gañador do concurso, ademais de ter a honra de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

San Froilán Miúdo

Tamén está aberto o prazo para participar no concurso de deseño gráfico do que se seleccionará o cartel do San Froilán Miúdo 2014. Para participar os rapaces e rapazas deberán ter menos de 15 anos e o autor ou autora recebirá un agasallo valorado en 300 euros.

Os carteis que se poderán presentar ata o 30 de maio na Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, terán as dimensións dun DIN- A-4 (21 x 29,7) como mínimo e deberán presentarse montados sobre cartón pluma ou soporte ríxido pero nunca cristal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova