Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a asociación ACADAR organizan o II obradoiro de autocoidado da saúde sexual


# Martes, 06/05/2014
A primeira das xornadas será este xoves 8 de maio no CC Uxio Novoneyra de 10 a 13 horas impartida por unha psicopedagoga

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e a Presidenta de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia), Mónica Álvarez, presentaron o segundo obradoiro O autocoidado a trabés da saúde sexual, que se organiza por segundo ano consecutivo na cidade.

Ana G. Abelleira sinalou que “grazas a asociacións como esta estanse facendo moitas actividades de prevención que non se fomentan dende o Goberno de España e da Xunta porque nos quitan competencias para levar a cabo programas de igualdade e fomento da muller”.

Asi, o próximo 8 de maio ás 10 horas comezará o primeiro dos 5 obradoiros que ACADAR desenvolve sobre a temática dos dereitos sexuais e reproductivos, a través deste proxecto que se ven desenvolvendo en colaboración co Concello de Lugo dende o ano 2012 e que tivo un gran acollida. Esta primeira cita será no salón de actos do CC Uxio Novoneyra. O seguinte obradoiro será o martes 13 de maio de 16.30 a 19.30 horas tamén no CC Uxio Novoneyra e haberá a posibilidade de deixar aos menores a carogo na ludoteca previo aviso. O xoves 15 tamén se desenvolverá no mesmo espazo pero en horario de mañá de 10 a 13. As outras dúas citas serán no local do CRD-COGAMI Fingoi os días 22 e 27 de maio.

Estes obradoiros de tres hora de duración cada un estarán impartidos pola psicopedagoga Maria Rial Fernández que tratará aspectos como a sexualidade, os mitos e realidades da sexualidade, a saúde sexual e dereitos, o coñecemento do noso corpo ou os métodos de apoio e coidado á saúde sexual. Estes cursos que se prevé que participen máis de 75 persoas está dirixido a mulleres e homes con e sen descapacidade, incidindo especialmente na promoción da participación das mulleres con discapacidade e das persoas do eido rural.

Segundo explicou Mónica Álvarez na primeira edición realizada en marzo do 2013 foron 66 persoas, homes e mulleres, que asistiron a estes obradoiros e “agardamos que este ano superen esta cifra”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova