Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ENTREGOU ESTA TARDE OS COMPOSTEIROS AOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE SE ACOLLERON A ESTE PROGRAMA PIONEIRO DE COMPOSTAXE  


6/5/2014

O Alcalde, José López Orozco e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, asistiron esta tarde á reunión que mantiveron especialistas en reciclaxe de Sogama cos veciños e veciñas que forman parte deste primeiro programa de compostaxe que se desenvolve na zona rural de Lugo.


Lugo é a primeira das grandes cidades galegas na que se pon en marcha este programa para favorecer a compostaxe, no que participarán tanto veciños da zona rural como residentes en urbanizacións ou na cidade que teñen unha segunda vivenda. Os participantes no programa aprenderán a perfeccionar unha técnica que se usaba de toda a vida na zona rural pero neste caso farase compost dun xeito máis científico.