Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL acolle desde hoxe unha exposición que explica cómo era a vida das mulleres romanas


# Martes, 06/05/2014
A exposición “Féminas: As mulleres en Roma”, que forma parte do Lvcvs Cvltvral, permanecerá aberta ata o 29 de xuño

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde e a Concelleira de cultura visitaron esta tarde a mostra

O Alcalde, José López Orozco, e a  Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron esta tarde a nova exposición instalada no Museo Interactivo da Historia de Lugo que está adicada ás mulleres na sociedade romana.

Féminas: As mulleres en Roma e unha nova actividade cultural do amplo e variado programa previo á festa do Arde Lucus, o Lvcvs Cvltvral, e permanecerá instalada no MIHL ata o día 29 de xuño.

A mostra componse de once paneis informativos centrados en temas como a condición xurídica da muller en Roma, as deusas do Olimpo, a muller e o poder, a condición xurídica, o sexo, a beleza, a mediciña ou a escritura.

Tamén se exhiben algúns obxectos como xoguetes infantís, pendentes, amuletos, xoias ou útiles de beleza.

A mostra forma parte da programación do Lvcvs Cvltvral, que inclúe un ciclo de conferencias, visitas guiadas, actividade e xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade. A programación comezou no mes de abril e prolongarase ata o 11 de xuño.

A pasada fin de semana celebrouse tamén no MIHL outra destacada actividade como foi o I Encontro de Cidades Augusteas da Gallaecia que reuniu a representantes das cidades de Lugo, Astorga e Braga, as tres cidades augusteas.

Outras actividades
 
Estes días tamén se están a celebrar outras actividades como os obradoiros de cociña romana que comezaron onte na Praza de Abastos. As próximas sesións serán mañá, día 7, e pasado, día 8 de maio.Tamén se poderá degustar e mercar pan romano o 17 de maio na Praza Maior.
 
Para o día 10 de maio, ás 17 horas, está prevista unha ruta xeolóxica Lugo pedra a pedra que sairá dende a Praza de San Marcos para percorrer e coñecer a historia e curiosidades das pedras romanas da cidade. Os interesados poderan inscribirse a través do 010.  Para os máis pequenos tamén haberá xogos romanos en diferentes prazas da cidade e que comezará o 17 de maio na Praza Maior, o 24 de maio na Praza Mestre Matias Garcia Bernal de Fingoi, e o 31 de maio na Praza de Augas Férreas. Durante este mes tamén continúan as charlas nos colexios da cidade organizadas polo servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo.

As persoas interesadas en confeccionar a súa vestimenta para o Arde Lucus poden participar nos diferentes obradoiros que se celebran na Casa da Xuventude todos os sábados ata o 7 de xuño a partir das 11 horas e para os que non fai falta inscrición previa.

En canto as conferencias organizadas pola asociación Cohors III Lucensium, comezan o 9 de xuño, co historiador Jose María Costa García explicará O exército romano na Hispania do Alto Imperio. A seguinte sesión será o día 10 de xuño impartida polo grupo arqueolóxico de Tomás Vega Avelaira sobre Equipamento militar romano. Finalmente, o mércores 12 de xuño, David González Álvarez da Universidade Complutense de Madrid, departirá sobre a Arqueoloxia do bellum Asturicum: a conquista romana do occidente cantábrico. Todas estas conferencias terán lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo ás 20:30 horas.

E as visitas culturais guiadas ó Lugo Romano terán lugar os días 17, 18 e 24 de maio, dende as 11 da mañá. Formaranse grupos de ata 25 persoas para cada unha das visitas. Os grupos de visita completaranse por orde de inscrición que se poderá facer a través do teléfono 010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova