Cargando....
Concello de Lugo
08/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Torneo Prebanxamíns de Fútbol Sala do Azkar Prone chega a súa decimoquinta edición


# Mércores, 07/05/2014
As probas celebraranse os sábados 10, 17, 21 e 28 de maio e 7 e 14 de xuño no Centro Deportivo Terra e Polideportivo O Palomar

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, o Xerente de Transportes Azkar, Oriol Gonzalvo, e o Xerente do Azkar Lugo FS e da Fundación Azkar, Iván Pico, presentaron esta mañá o XV Torneo Prebenxamín Fútbol Sala Escola Terra.

O Torneo, organizado por Prone Lugo AD e a Escola de fútbol sala Terra, e que conta entre outras colaboracións coa do Concello de Lugo, disputarase os sábados 10, 17, 21 e 28 de maio e os sábados 7 e 14 de xuño no Centro Deportivo Terra, no Pazo Municipal de Deportes e no Polideportivo de O Palomar.  Según destacou o Concelleiro de Deportes, este é un torneo tradicional, xunto co de Nadal, que trata de fixar nas primeiras idades os hábitos saudables e deportivos aos máis pequenos. “Este ano prevese a presencia de máis de 550 nenos e nenas que virán acompañados polas súas familias, o que suporá unha importante cantidade de persoas na cidade” segundo declarou Grandio.
 
Segundo explicou o representante da Fundación Azkar, Iván Pico, poderán participar os nenos e nenas nados nos anos 2006, 2007, 2008  e 2009, esta última data é a gran novidade desta cita deportiva xa que por primeira vez se inclúen a nenos e nenas máis pequenos. Nesta edición xogaranse máis de 125 partidos, repartidos en 38 equipos diferentes e que reunirán a máis de 500 nenos e nenas .
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova