Imprimir

O DOMINGO 11 DE MAIO CELEBRARASE A II EDICIÓN DA MARCHA POPULAR CICLISTA DECABIKE


8/5/2014 Realizarase un percorrido de 5 quilómetros dende a tenda de Decathlon, situada no Polígono Industrial das Gándaras, ata a Praza Maior

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que o próximo domingo 11 de maio ás 11:00 horas terá lugar a segunda edición da marcha popular ciclista Decabike, dirixida a tódolos públicos e organizada por Decathlon e o Concello de Lugo.

Realizarase un percorrido de 5,5 quilómetros dende a tenda de Decathlon, situada no Polígono Industrial das Gándaras, pasando pola Avenida da Coruña, Ronda da Muralla, Casco Histórico, ata chegar á Praza Maior, onde se levarán a cabo diversas actividades, como tiro con arco, multideporte, probas de bicis, gymkhana e roller.

A inscrición ao evento poderá realizarse ata o domingo 11 de maio na tenda de Decathlon, cubrindo e presentando o bono de participación, que pode descargarse dende a web http://www.decathlon.es/decabike2014.html. O prezo de inscrición é de 2 euros e os participantes poderán recoller na propia tenda a súa camiseta e o seu dorsal.

Decabike realízase simultaneamente en 72 cidades de España  e prevé unha participación de máis de 65.000 persoas baixo o lema pedaleamos xuntos o 11 de maio. Esta actividade pretende promover unha vida saudable, preservar o medio ambiente e fomentar o uso da bicicleta.