Imprimir

O CONCELLO CONVOCA CATRO PROCESOS SELECTIVOS PARA A COBERTURA TEMPORAL DE PRAZAS DE AUXILIAR DE FOGAR, COCIÑEIRO E OPERARIO DO CEMITERIO


8/5/2014 As bases publicanse hoxe no BOP e o prazo de inscrición estará aberto dende mañá ata o día 19

O Concello de Lugo vén de convocar catro procesos selectivos para a cobertura temporal de prazas de persoal. O anuncio das bases para os catro procesos selectivos foi publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

Concretamente, as convocatorias son para a cobertura temporal de prazas de auxiliar de fogar, oficial cociñeiro/a, axudante de cociña e limpeza e operario do cemiterio municipal.

O obxectivo das catro convocatorias é dispor de listas dende a que se irá chamando os/as canditados/as pola orde de punturación obtida por cada un/una deles, cando sexa necesario proceder a realizar unha contratación laboral temporal para cubrir as necesidades que poidan xurdir nestas categorías, nos supostos previstos na Lei de orzamentos xerais do Estado.

As persoas interesadas en tomar parte nestes procesos selectivos deben presentar as instancias no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de presentación das instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia. O prazo abrirase mañá e rematará o día 19 de maio.

O sistema de selección consistirá en dúas fases. A primeira será a realización dunha proba escrita, que terá carácter eliminatorio, e a segunda consistirá nun baremo de méritos.

As bases da convocatoria, nas que figuran os requisitos que deben cumprir os aspirantes e a documentación que deberán aportar para facer a inscrición, tamén se pode consultar no taboleiro de anuncios municipal e na web do Concello www.lugo.es.