Imprimir

O MERCADO DE ABASTOS ACOLLE MAÑÁ O ÚLTIMO OBRADOIRO DE COCIÑA ROMANA


8/5/2014

O Mercado de Abastos acolle mañá a última sesión do obradoiro de cociña romana, Alimentum,  que se levou a cabo dentro do programa Lucus Cultural 2014 e que pretende recrear platos tradicionais de época romana con produtos frescos actuais.

Así, as persoas que estén interesadas poderán achegarse mañá venres entre as 11 e as 13 horas e as 19 e 21 horas ao Mercado da rúa Quiroga Ballesteros para aprender técnicas de cociña e degustar os pratos que se eleboren durante o obradoiro. Nesta ocasión serán cociñeiros lucenses os que elaborarán os produtos pero tamén pasaron cociñeiros de Braga e de Astorga, que prepararon diferentes platos que tiveron un gran éxitos entre as máis de 120 persoas que se achegaron.