Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns abrirase a exposición dos traballos realizados polos alumnos dos obradoiros de Animación Sociocultural


# Venres, 09/05/2014
A mostra dos traballos permanecerá instalada durante toda a semana nos Centros de Convivencia da Milagrosa e Lamas de Prado

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, comunica que a semana que vén terá lugar a exposición de traballos realizados polos alumnos dos obradoiros de Animación Sociocultural.

Esta exposición dos traballos realizados por 161 persoas participantes nos distintos obradoiros e nas aulas abertas celebrarase do 12 ó 16 de maio nos Centros de Convivencia da Milagrosa e Lamas de Prado, no local de Díaz Castro.

Os traballos que se expoñen no Centro de Convivencia de Lamas de Prado, local de Díaz Castro, son os realizados polas persoas participantes nos obradoiros de traballos manuais, pintura ó óleo, encaixe de palillos e labores. Tamén se expoñen os traballos  realizados nos tres grupos de aulas abertas, que funcionan sen monitor e fan labores de pintura en vidro e óleo, calceta, palillos e gancho. O número de persoas participantes este curso nestes obradoiros de Animación Sociocultural 2013-2014 foi de 70, ás que se engaden outras 39 que traballan nas aulas abertas.

Con respecto ó Centro de Convivencia da Milagrosa, dentro dos obradoiros de tipo artístico-manual hainos de cestería, traballos manuais, encaixe de palillos e pintura ó óleo, e nesta edición o número de participantes foi de 52.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova