Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo acolle a súa 32º Feira do Libro entre o martes 13 o domingo 18 de maio


# Venres, 09/05/2014
O Concello organiza unha ruta xeoliteraria o día 17 de maio con saída dende a Praza do Campo para celebrar o Día das Letras Galegas

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada pola Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a Coordinadora Xeral da Federación de Librarías de Galicia, Nani Regueira Fernández, presentaron a 32º Feira do Libro de Lugo que se celebrará dende o martes 13 ao domingo 18 de maio.

Os postos de exhibición e venda de libros estarán situados na Praza Maior e abertos de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00. A fin de semana e o festivo o horario de mediodía alóngase ata as 14:30.
 
Como outros anos a Feira comezará coa inauguración coa actuación do grupo Os Argalleiros de Fingoi, e cun acto no que o escritor e académico Dario Xohan Cabana porá voz a Xosé María Díaz Castro, autor protagonista do Día das Letras Galegas 2014.Tamén este ano, as casetas contarán con programación individual como son conferencias e charlas e sinatura de libros por parte dos autores. Durante estes cinco días haberá diversas actuación musicais de grupos e bandas de Lugo.
 
O listado de participantes comprende á El Faro de los Tres Mundos, Librería La Voz de la Verdad, Librería Aguirre, Deputación Provincial, Librería Totem, Librería Biblos, Gran Enciclopedia Galega, Biblioteca Nodal, Librería Trama e máis a Libraría Cartabón. Tamén haberá unha caseta para a Biblioteca da Feira, outra con Información e Punto de Encontro e unha Carpa de Actividades ao que se lle sumará pantallas nas que se poderán ver as actividades.

O Concello de Lugo tamén organiza unha ruta xeoliteraria o sábado 17 de maio con saída dende a Praza do Campo ás 11 horas e que percorrerá as rúas da cidade. O número de prazas é de 25 persoas que se poderán anotar no Centro de Interpretación da Muralla ou no 010.
 

32º FEIRA DO LIBRO DE LUGO

Día 13.  Martes.
18.00     A música das árbores. Divertido relato ecolóxico para o público infantil, realizado por Servando Barreiro.
19.30        Inauguración da feira. 
Actuación do grupo Os Argalleiros de Fingoi,  do Centro de Música de Fingoi. Xosé María Díaz Castro na voz do escritor e académico Darío Xohán Cabana. Nova actuación do grupo Os  Argalleiros de Fingoi.
   
Día 14.  Mércores

18.00     Actuación de Cantarela, da Escola de Música de Galén
19.00    Actuación dos Grupos de Acordeón e Gaita do alumnado e profesores do Conservatorio de Músca de Lugo.
19.00    Festa poética Xistral, no salón de plenos do Concello.  O acto será conducido por Camilo Gómez Torres,  coordinador da Revista Lucense de Creación Poética.
20.00     Presentación do libro Mi vida en tus manos, da escritora Laura Aneiros, publicado pola editorial Finis Terrae Ediciones.

Día 15.  Xoves.
12.00    Na caseta de Secretaría, Obradoiro de lectura no sistema Braille, impartido pola ONCE
18.00    Actuación do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
18.00    Coloquio cos membros do  Club de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo arredor da figura de Xosé María Díaz Castro e o seu libro de poemas Nimbos.
18.15    Actuación dos alumnos e profesores do Centro de Enseñanza Músical Rossini.
19.00    Actuación do Grupo de Gaitas e Zanfonas de Tradescola.
19.30    Presentación do libro de relatos Los mundos ajenos, da escritora Isabel Blanco – Rivas, publicado por Belagua Ediciones. Ao remate do acto a escritora asinará exemplares na caseta da Libraría Trama.
20.30    Actuación da Coral  de Breogán, da ONCE

Día 16.  Venres. 
18.00    Actuación de Fábrica de Sons
18.00     Retratando a Díaz Castro:  Divertido obradoiro de actividades plásticas realizado por integrantes da compañía Babaluva.  Actividade promovida pola Biblioteca Nodal de Lugo.
19.00    A maxia na feira do libro. Sorprendente  espectáculo de maxia de cerca.
20.00     Presentación do libro Purgatorio, do escritor Borja Caamaño, publicado pola editorial Alhulia.  Ao remate do acto, o autor asinará exemplares.

Día 17.  Sábado. Día das Letras Galegas.
12.00    Concerto da Banda Municipal de Música
13.00    Interpretación de música tradicional na Praza Maior, a cargo do alumnado dos centros de ensino de Lugo.
18.00    O soño de Ester.  Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz.  Actividade promovida por Novagalicia Edicións.
18.30    Obradoiro de ilustración e narración para todos os públicos, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo
20.00    Presentación do libro disco Brinca vai! de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.

Día 18.  Domingo.
12.00    Contacontos en formato kamishibai, baseado no libro Hechizos en la cocina, de Alicia Esaín e Dolores Todolí Bofí, realizado por Asunción Carracedo Gómez.  Actividade patrocinada pola libraría El Faro de los Tres Mundos.
13.00    José de Cora asinará exemplares do seu libro La navaja inglesa.
     Francisco Narla asinará exemplares dos seus libros.
13.00    Actuación da Banda Filharmónica Lucense. Concerto Letras Galegas. Música de compositores galegos e internacionais.
18.00    Viaxa connosco.  Narración oral e musical a cargo de Vadim e Fátima.  Actividade organizada pola Biblioteca Nodal.
19.00    Contos e cantos de namorar.  Espectáculo cooperativo para nenos e maiores arredor dunha pequena historia de amores que superan o imposible, realizado polo grupo As Garabullo.
20.00    Obradoiro de Rap realizado por García Mc.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova