Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local avisa das novas sancións previstas polos cambio na Lei de Seguridade Vial que entran en vigor hoxe


# Venres, 09/05/2014


O Concello de Lugo comunica que, con motivo da entrada en vigor, hoxe, da reforma da Lei de Seguridade Vial a Xefatura da Policía Local difundiu unha instrucción ós axentes do Corpo da Policía Local na que recolle as novidades máis relevantes introducidas nesta Lei.

Na comunicación salientase que, con motivo da entrada en vigor da Lei pola que se modifica o Texto Articulado da Lei de Seguridade Vial, é necesario adaptar o actual codificado de infraccións ás novas condutas recollidas na devandita normativa, así como poñer de manifesto as novidades máis relevantes introducidas nese texto normativo.

Entre as novas codificacións na Lei de Seguridade Vial  destacan as seguintes: conducir un vehículo con presenza de drogas no organismo conleva multa de 1.000 euros e retirada de 6 puntos, non someterse ás probas de detección de alcohol ou presenza de drogas no organismo o usuario da vía, non conductor, que cometera unha infracción ten unha sanción de 1.000 euros, non utilizar adecuadamente o condutor ou pasaxeiro de bicicleta ou ciclo o casco de protección homologado ou certificado terá unha multa de 200 euros, conducir vehículos utilizando mecanismos de detección de radares ou cinemómetros, multa de 200 euros e 3 puntos e realizar obras na vía sen comunicalas con anterioridade ó seu comezo á autoridade municipal conlevará unha multa de 200 euros.

En canto á modificación das cuantías contempladas no actual codificado destacan as seguintes: circular cunha taxa de alcohol superior á permitida pasa de ter unha multa de 500 a 1.000 euros e a retirada de 6 puntos, o mesmo que non someterse ás probas de detección das posibles intoxicacións por alcohol. Ademais, parar nun paso para peóns ou estacionar sobre a beirarrúa, paseo e demais zonas adicadas ó paso de peóns terá multa de 80 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova