Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco participa na xuntanza da Rede Española de Cidades Intelixentes que aprobou a incorporación de Santiago e outras catro cidades


# Venres, 09/05/2014
A RECI traballa en proxectos para aforrar enerxía e auga e para mellorar a mobilidade urbana

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, participou na xuntanza da Xunta Directiva da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), formada polos alcaldes dos 25 concellos fundadores, que se reuniu en Rivas Vaciamadrid. Na xuntanza aprobouse a incorporación de cinco novas cidades que solicitaron a súa adhesión. Tratase de Santiago de Compostela, Cidade Real, Xetafe, Pozuelo de Alarcón (Madrid) e L´Hospitalet de Llobregat (Bardelona). Con elas, RECI pasa a estar constituida por 54 concellos.

Tamén se aprobou un borrador de popostas de modificación da Lei de contratos do Sector Público destinadas a facilitar a colaboración público-privada no eido das smart cities.

Aprobouse tamén a firma de senllos convenios coa Universidade Politécnica de Madrid, un co fin de establecer un marco de colaboración no desenvolvementod e actividades que vinculan o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) coa xestión eficiente das infraestruras e os servizos urbanos, a reducción do gasto público e a mellora da calidade dos servizos; e outro para o intercambio de expertos para ponencias, asesoramento, titoría de alumnos e outras iniciativas de formación, difusión e investigación.


Grupos de traballo

A Xunta Directiva aprobou tamén os avances realizados polos cinco Grupos de Traballo da Rede.

O grupo de Innovación social traballa, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na creación dun indicador que determine o nivel de madurez da política de datos abertos dunha entidade. Tamén está a elaborar un documento de colaboración sobre boas prácticas das entidades locais na Internet e as redes sociais, e no terreo do turismo acordouse a posta en marcha de tres proxectos: unha guía de colaboración público-privada para a promoción dun destino turístico, unha relación de novos modelos de negocio e servizos para as viaxes e un mapa da xestión da innovación nos destinos turísticos intelixentes.

No grupo de Enerxía estase preparando unha guía metodolóxica de actuación para a certificación enerxética dos edificios municipais, puxéronse en común diferentes iniciativas para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación nestes edificios e no alumeado público e analizáronse as auditorías enerxéticas levadas a cabo por diferentes concellos co fin de realizar investimentos para mellorar estas instalacións.

Dende o grupo de Medio ambiente, infraestruturas e habitabilidade preténdese elaborar un modelo común de ordenanza municipal sobre xestión de rego e aforro de auga, e trabállase na definición de indicadores de modelos urbáns, sostibles.

O grupo de Mobilidade urbán puxo en marcha a proba piloto de usabilidade do “distintivo RECI” de vehículo eléctrico en doce cidades (Madrid, Barcelona, Sevilla, Valladolid, Palencia, Pamplona, Vitoria, Málaga, Santander, Sabadell, Córdoba e Palma de Mallorca), como paso previo á súa implantación no resto de concellos da Rede. Tamén está colaborando na realización dunha guía sobre Open Data que incluirá unha proposta de estandarización e interoperabilidade en Sistemas Intelixentes de Transporte.

Por último, o grupo de Goberno, economía e negocios colabora na elaboración dun borrador para a normalización dos sistemas integrais de xestión da cidade intelixente, co fin de facilitar a toma de decisións estratéxicas e dispoñer de elementos transversaris de intercambio de información e operación.


Sobre RECI

A Rede Española de Ciudades Intelixentes (www.redciudadesinteligentes.es) foi  constituida en xuño de 2012 co obxectivo de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente para desenvolver un modelo de xestión sostible e mellorar a calidade de vida dos cidadáns, incidindo en aspectos como o aforrro enerxético, a mobilidade sostible, a eAdministración, a atención ás persoas ou a seguridade. Actualmente está formada por 49 ciudades: A Coruña, Albacete, Alcalá de Henares, Alcobendas, Alcorcón, Alicante, Alzira, Aranxuez, Ávila, Badaxoz, Barcelona, Burgos, Cáceres, Castellón, Córdoba, Guadalaxara, Elche, Fuenxirola, Xixón, Huelva, Las Palmas de Gran Canaria, Logroño, Lugo, Huesca, Madrid, Majadahonda, Málaga, Marbella, Móstoles, Motril, Murcia, Palencia, Palma de Mallorca, Pamplona, Ponferrada, Oviedo, Rivas-Vaciamadrid, Sabadell, Salamanca, Santander, Segovia, Sevilla, Tarragona, Torrexón de Ardoz, Torrent, Valencia, Valladolid, Vitoria-Gasteiz e Zaragoza. A fundación Fundetec é a súa oficina técnica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova