Cargando....
Concello de Lugo
16/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba investimentos na Ronda da Muralla, Montero Ríos e Agro do Rolo


# Venres, 09/05/2014
A Concellería de Infraestruturas investirá 63.500 euros no pavimento da Ronda da Muralla, no treito de Bispo Odoario a rúa Santiago

A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, comunica a aprobación de investimentos en distintas actuacións que se levarán a cabo na Ronda da Muralla, a rúa Montero Ríos e na praza do Agro do Rolo.

A Mesa de contratación adxudicou hoxe as obras de reparación do pavimento na Ronda da Muralla, no treito que vai de Bispo Odoario á rúa Santiago. O investimento nesta actuación será de 63.508 euros e o prazo de execución dos traballos será de dous meses dende a sinatura do contrato.

A obra foille adxudicada á empresa Obras y Saneamientos de Galicia S.L. En total presentáronse a este concurso, que saiu a licitación cun presuposto de 82.169 euros, 25 empresas, 7 das cales incorreron en baixa temeraria.

Hoxe tamén, a Xunta de Compras aprobou un gasto de 5.865 euros para obras de mellora da seguridade vial e accesibilidade na rúa Montero Ríos, no acceso á ponte do tren.

Ademais, a Xunta de Compras acordou facer un investimento de 3.681 euros para dotar dunha infraestrutura eléctrica definitiva á praza do Agro do Rolo. Deste xeito, este espazo público quedará preparado para poder celebrar nel calquera tipo de actuación, ó dispor dos servizos de subministro eléctrico necesarios para a celebración de calquera tipo de evento que precise contar con enerxía eléctrica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova