Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello sumouse á celebración do Día mundial da Fibromialxia coa lectura do manifesto


# Luns, 12/05/2014
As asociacións reclaman o recoñecemento da enfermidade e a investigación sobre a mesma

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu o acto central do Día Mundial da Fibromialxia, que se celebrou diante do Concello e que estaba organizado polas asociacións Alufi e Adafi para chamar a atención da sociedade sobre a incomprensión que sofren as persoas afectadas por esta enfermidade.

López Orozco foi o encargado de ler o manifesto conmemorativo que nesta ocasión quere render homenaxe ás persoas enfermas e ás asociacións que están loitando por romper estereotipos negativos cara elas e que quixeron deixar moi claras as súas prioridades respecto da enfermidade que sofren.

O manifesto destaca que as persoas enfermas de fibromialxia deben reivindicar o recoñecemento pleno e que para mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias como primeiro paso. “A investigación para acadar un mellor diagnóstico, tratamentos e detección precoz,  a mellora da atención sanitaria e o establecemento de protocolos unificados que garantan a igualdade na calidade e a accesibilidade aos recursos e servizos do Sistema Público de Saúde e o acce ao traballo” son algunhas das solicitudes que fan este colectivo de afectados.

Ademais lembra o manifesto que as persoas enfermas teñen claras as súas necesidades e as súas prioridades e “erguemos a nosa voz, proclamamos as nosas reivindicacións e aceptamos o reto de ser corresponsables no manexo e na mellora da súa enfermidade.”

Por todo elo, piden “ser aceptadas e aceptados como interlocutores a través das entidades de pacientes, e esiximos respecto, coherencia, corresponsabilidade, calidade e pleno acceso ao sistema público sanitario e social, en igualdade de condicións ca calquera outra enfermidade.” O perfil da persoa enferma é dunha muller de mediana idade que quere estar sana, que loita por manter a unidade familiar e que quere manter o seu posto de traballo e a súa dignidade persoal.

Por último, o texto dí que “xa pasaron os tempos das excusas e chega a hora do respecto e da solidariedade, por unha parte, e da atención sanitaria e social pola outra.”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova