Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O barrio da Milagrosa celebrará a II Feira Castrexo-Romana esta próxima fin de semana na Praza Agro do Rolo


# Luns, 12/05/2014
Durante os tres días, os visitantes poderán desfrutar de múltiples actividades e dun mercado con postos artesáns

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá xunto con Mario Outeiro, Deputado da Área de Cultura e Turismo, Valentín Arias, da Asociación de Veciños de A Milagrosa, e membros das asociacións Trebas Galaicas e Lugdunum,  a  segunda edición da Feira Castrexo-Romana da Milagrosa que se vai celebrar esta fin de semana 16, 17 e 18 de maio na Praza Agro do Rolo.

Desta maneira, entre o venres 16 e o domingo 18 de maio, veciños e visitantes poderán desfrutar de diferentes actividades como previo ao Arde Lucus entre as que hai un mercado con diferentes postos artesáns, diferentes talleres levados a cabo polas asociacións Trebas Galaicas e Lugdunum, ou paseos a cabalo gratuítos. Tamén haberá exposicións permanentes con materiais cedidos polas asociacións Caetra Lucensium e Cohors III. Ademais a asociación Sons de Lug realizará un taller de reparación de palletas e de creación traxes para o fol das gaitas.

Carmen Basadre sinalou que esta actividade forma parte tamén do Lvcvs Cultural coa que se pretende que “en todos os barrios teñan a esencia do Arde Lucus e contribúa a dinamizar tanto os comercios da zona como a actividade da mesma”.

Pola súa parte, Valentin Arias, explicou que “esta segunda edición está motivada polo éxito acadado na edición anterior e porque a Milagrosa é un barrio moi activo e queremos ir quentando motores de cara o Arde Lucus”.

Entre as actividades cabe salientar o desfile militar e civil que percorrerá as rúas do barrio dende as 18 horas do domingo e que rematará, no punto central de todos os actos, a praza Agro do Rolo. Todos os días haberá talleres e obradoiros para nenos e nenas e adultos ademais de xogos e os tradicionais postos de venda de produtos de artesanía. Ademais durante os tres días poderase desfrutar unha exposición permanente de cuadrigas e materiais romanos e castrexos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova