Imprimir

A COMISIÓN TÉCNICA DA AUGA CELEBROU HOXE A PRIMEIRA REUNIÓN BAIXO A PRESIDENCIA DO ALCALDE


12/5/2014 O Concello comeza os traballos para elexir un movo modelo de xestión do ciclo da auga

O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe a primeira xuntanza da Comisión técnica constituida polo Concello para estudar o novo modelo de xestión do ciclo integral da auga. O Concello constituiu esta Comisión logo de que fora desbotada provisoriamente a creación da Empresa mixta, que resulta inviable en cumprimento das condicións que establece a nova Lei de Administracións Locais.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou trala reunión que nela participaron representantes dos tres grupos políticos da Corporación municipal, xunto con técnicos de distintos servizos e representantes dos traballadores do Concello.

Na xuntanza acordouse poñer en marcha tres grupos técnicos de traballo. Un deles, formado polo Xefe de Contratación e por persoal da Asesoría Xurídica, informará sobre os posibles modelos legais que se contemplan neste momento para facerse cargo da xestión do ciclo da auga. Un segundo grupo, constituído polo Enxeñeiro de Medio Ambiente, técnicos do Servizo Electromecánico, persoal de Infraestruturas e Servizo de Intervención municipal, que elevará á comisión un informe sobre o custe económico de cada un dos modelos. O terceiro grupo ten o encargo da redacción dos novos apartados da Memoria que é necesario incorporar para recoller as novas infraestrururas que non figuraban no anterior estudo socioeconómico, tarefa que se lle encomendou á Coordinadora de Persoal, á Xefa do Servizo de Medio Ambiente e representantes dos traballadores.

A Comisión reunirase de de novo o martes 3 de xuño para comezar a estudar estes informes.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente explicou que o Concello pretende ter acabados os traballos no menor tempo posible e tamén salientou que para o Goberno local a Empresa mixta era o mellor modelo posible e non desbota que se poida retomar, se prosperan os recursos contra a Lei de Administracións Locais que impide levar adiante este proxecto.