Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A 42º edición do Festival de Música Cidade de Lugo ofrecerá 10 concertos en nove días dedicados á canción barroca


# Martes, 13/05/2014
Trátase do único festival desta temática que é gratuito para o público e un dos poucos que quedan en Galicia

Imaxe Asociada
O primeiro concerto será o venres 23 de maio a cargo da recoñecida Raquel Adueza & La Galanía

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, e o membro da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz, presentaron esta mañá a 42º edición do Festival de Música Cidade de Lugo, Semana de Música do Corpus, que como cada ano traerá a destacados músicos clásicos.

A próxima semana, o venres 23 de maio, comeza esta nova edición do decano dos festivais galegos de música clásica, este Festival de Música Cidade de Lugo, tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus, que durante nove días encherá de música a cidade cos dez concertos que se celebrarán ata o 2 de xuño en diferentes lugares como o Círculo das Artes, o Cemiterio Municipal de San Froilán, a Igrexa de Santa María e a Igrexa Santiago A Nova.

Carmen Basadre destacou que “se fai un esforzo grande para manter este festival e que permite ser un dos poucos que aínda non se deixo de facer porque en Lugo temos unha gran tradición de música e eleximos o mellor dentro das posibilidades económicas”. Ademais, explicou, que é un festival con moita presenza masculina polo que este ano apostouse por traer mulleres que desenvolven un papel fundamental en dentro da música clásica.

Coma en anos anteriores, a ampla oferta lírica está garantida pola calidade e prestixio dos cantantes que adornan o cartel do festival, cheo de grandes nomes como os de Raquel Andueza, Marianne Beate Kielland, Fabio Biondi ou Enrico Pace.

Pola súa parte, José Luis Díaz, indicou que “a música barroca será protagonista un ano máis dos concertos programados para esta edición de maneira que os lucenses poidan desfrutar da lírica barroca”. Tamén informou que o día 31 de maio dende as 11 horas polas rúas da cidade haberá diferentes grupos de música. A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.

Venres 23 de maio, 20.30 horas no Círculo das Artes
Concerto: Arias de ópera de Antonio Cesti
Raquel Andueza & La Galanía (música barroca)
Entrada libre

Sábado 24 de maio, 18.45 horas na Igrexa de Santiago A Nova
Concerto: Coral Polífónica El Eco e Conxunto Vocal Lugh.
Entrada libre

Luns 26 de maio, 20.30 horas no Círculo das Artes
Concerto: C.P. Emanuel Bach, Mozart, Dvorak
Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia,
Thomas Demenga, ao violonchelo
Entrada libre

Mércores 28 de maio, 20.30 horas no Círculo das Artes
Concerto: Fantasías: Beethoven, Schuman, Mendelssohn e Liszt
Enrico Pace, pianista.
Entrada libre

Xoves 29 de maio, 20.30 horas no Círculo das Artes
Concerto: Werther de G. Pugnani
Real Filarmonía de Galicia dirixida por Fabio Biondi e narrado por Xosé Barato.
Entrada libre

Venres 30 de maio, 20.30 horas na Capela de Santa María
Hercules Brass Quinteto de Metais
Entrada libre

Sábado 31 de maio, 18.00 horas no Cemiterio de San Froilán
Lucus Ensemble con Cristina Nogueira no violonchelo
Entrada libre

Sábado 31 de maio, 20.30 horas no Círculo das Artes
Concerto: Cantatas para contralto de Johann Sebastian Bach
Marianne Beate Kielland con The Rare Fruits Council dirixida por Manfredo Kraemer.
Entrada libre

Domingo 1 de xuño, 18.00 horas na Igrexa de Santiago A Nova
Concerto: Concertos para órgano e orquestra
Música Acordada con Soledad Mendive ao órgano.
Entrada libre

Domingo 2 de xuño, 20.30 horas no Círculo das Artes
Concerto: As sinfonias de C.P.E. Bach entre Vivaldi e Mozart
Ars Combinatoria coa dirección de Canco López.
Entrada libre
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova