Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as visitas guiadas ó Cemiterio de San Froilán


# Domingo, 11/05/2014


A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Manuel Núñez, organizou este domingo a primeira do ciclo de visitas guiadas ó Cemiterio de San Froilán que se desenvolverá ata  o vindeiro mes de novembro.

A primeira das visitas celebrouse esta mañá con éxito. Nelas acompáñase ós participantes por un percorrido a través das construcións funerarias máis relevantes e dos espazos máis singulares dentro do recinto, un recinto cargado de historia, de recordos e de emocións.

A partir deste momento e ata o final da temporada, programaranse visitas segundo o número de solicitudes de inscrición que se produzan a través do servizo 010.

A continuación facilítase información xeral a ter en conta nestas actividades:

Prazas: 20
Hora: 11 horas.
Reserva de praza e información: Servizo 010 do Concello
Duración aproximada: 1:30 horas
Transporte: As persoas interesadas poderán facer uso da liña regular
5E (non gratuito)
AS GÁNDARAS-A CAMPIÑA-CEMITERIO
Saída: 10:45 horas Ronda Muralla, (Sindicatos)
Paradas: Ronda Muralla, 95
Ronda Muralla, 118
Ronda Muralla (Obras Públicas)
Ronda Muralla (Fogar Santa María)
Ronda Muralla, 163-164
Rúa Santiago 24-26-28
Rúa Santiago 70
Rùa Santiago 110
Rúa Santiago 214
Estrada vella Santiago 24
Polusa
Estrada vella Santiago, (Restaurante)
Estrada vella Santiago, (Acualife)
Estrada vella Santiago, (Renault)
Chegada ao Cemiterio: 11 horas
Regreso: 13 horas Cemiterio


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova