Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a 32ª Feira do Libro de Lugo


# Martes, 13/05/2014
Darío Xoán Cabana homenaxea a Díaz Castro no pregón da Feira, que estará aberta ata o domingo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con outras autoridades, participaron esta tarde no acto inaugural da 32ª Feira do Libro de Lugo que estará instalada na Praza Maior ata o domingo, día 18 de maio.

O escritor e académico Darío Xohan Cabana foi o encargado da lectura do pregón inaugural que estivo adicado a glosar a figura do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas.

No acto inaugural tamén actuou o do grupo Os Argalleiros de Fingoi

Nesta edición da Feira do Libro participan as seguintes librerías: El Faro de los Tres Mundos, Librería La Voz de la Verdad, Librería Aguirre, Deputación Provincial, Librería Totem, Librería Biblos, Gran Enciclopedia Galega, Biblioteca Nodal, Librería Trama e máis a Libraría Cartabón. Tamén está instalada unha caseta para a Biblioteca da Feira, outra con Información e Punto de Encontro e unha Carpa de Actividades ao que se lle sumará pantallas nas que se poderán ver as actividades.

O Concello de Lugo tamén organiza unha ruta xeoliteraria o sábado 17 de maio con saída dende a Praza do Campo ás 11 horas e que percorrerá as rúas da cidade. O número de prazas é de 25 persoas que se poderán anotar no Centro de Interpretación da Muralla ou no 010.

Os postos de exhibición e venda de libros estarán situados na Praza Maior e abertos de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00. A fin de semana e o festivo o horario de mediodía alóngase ata as 14:30.
 
As casetas contarán cunha programación que inclúe conferencias e charlas e sinatura de libros por parte dos autores. Durante estes cinco días tamén haberá diversas actuación musicais de grupos e bandas de Lugo.


Programa
   
Día 14.  Mércores

18.00     Actuación de Cantarela, da Escola de Música de Galén
19.00    Actuación dos Grupos de Acordeón e Gaita do alumnado e profesores do Conservatorio de Músca de Lugo.
19.00    Festa poética Xistral, no salón de plenos do Concello.  O acto será conducido por Camilo Gómez Torres,  coordinador da Revista Lucense de Creación Poética.
20.00     Presentación do libro Mi vida en tus manos, da escritora Laura Aneiros, publicado pola editorial Finis Terrae Ediciones.


Día 15.  Xoves

12.00    Na caseta de Secretaría, Obradoiro de lectura no sistema Braille, impartido pola ONCE
18.00    Actuación do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
18.00    Coloquio cos membros do  Club de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo arredor da figura de Xosé María Díaz Castro e o seu libro de poemas Nimbos.
18.15    Actuación dos alumnos e profesores do Centro de Enseñanza Músical Rossini.
19.00    Actuación do Grupo de Gaitas e Zanfonas de Tradescola.
19.30    Presentación do libro de relatos Los mundos ajenos, da escritora Isabel Blanco – Rivas, publicado por Belagua Ediciones. Ao remate do acto a escritora asinará exemplares na caseta da Libraría Trama.
20.30    Actuación da Coral  de Breogán, da ONCE


Día 16.  Venres
 
18.00    Actuación de Fábrica de Sons
18.00     Retratando a Díaz Castro:  Divertido obradoiro de actividades plásticas realizado por integrantes da compañía Babaluva.  Actividade promovida pola Biblioteca Nodal de Lugo.
19.00    A maxia na feira do libro. Sorprendente  espectáculo de maxia de cerca.
20.00     Presentación do libro Purgatorio, do escritor Borja Caamaño, publicado pola editorial Alhulia.  Ao remate do acto, o autor asinará exemplares.


Día 17.  Sábado. Día das Letras Galegas.

12.00    Concerto da Banda Municipal de Música
13.00    Interpretación de música tradicional na Praza Maior, a cargo do alumnado dos centros de ensino de Lugo.
18.00    O soño de Ester.  Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz.  Actividade promovida por Novagalicia Edicións.
18.30    Obradoiro de ilustración e narración para todos os públicos, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo
20.00    Presentación do libro disco Brinca vai! de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.


Día 18.  Domingo

12.00    Contacontos en formato kamishibai, baseado no libro Hechizos en la cocina, de Alicia Esaín e Dolores Todolí Bofí, realizado por Asunción Carracedo Gómez.  Actividade patrocinada pola libraría El Faro de los Tres Mundos.
13.00    José de Cora asinará exemplares do seu libro La navaja inglesa.
     Francisco Narla asinará exemplares dos seus libros.
13.00    Actuación da Banda Filharmónica Lucense. Concerto Letras Galegas. Música de compositores galegos e internacionais.
18.00    Viaxa connosco.  Narración oral e musical a cargo de Vadim e Fátima.  Actividade organizada pola Biblioteca Nodal.
19.00
    Contos e cantos de namorar.  Espectáculo cooperativo para nenos e maiores arredor dunha pequena historia de amores que superan o imposible, realizado polo grupo As Garabullo.
20.00    Obradoiro de Rap realizado por García Mc.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova