Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O persoal do Concello festexa a Santa Rita coa celebración de diversas actividades que terán lugar os días 21, 22 e 23


# Mércores, 14/05/2014


Con motivo da festa de Santa Rita, que se conmemora o xoves, día 22 de maio, o persoal do Concello celebrará durante esa semana o tradicional torneo de Santa Rita que inclúe diversas actividades deportivas e de ocio.

O torneo de Santa Rita, organizado pola Xunta de Persoal do Concello, comeza o mércores 21 cun campionato de tute e de xadrez. O xoves día 22 terá lugar o campionato de parchis.

Estas competicións terán lugar a partir das 16.30 horas en distintas salas da segunda planta do Centro cívico Uxío Novoneyra.

E o venres, día 23, está programado un partido de fútbol no que participarán tanto funcionarios como membros da Corporación Municipal e do que falta por pechar o lugar e a hora dependendo do número de participantes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova