Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Club Fluvial de Lugo acolle o XIII Open de Pesca Autonómico Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco


# Mércores, 14/05/2014
Celebrarase este sábado 17 de maio dende as 10 da mañá no Río Miño

O próximo sábado 17 de maio terá lugar o XIII Open de Pesca Autonómico Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco no Río Miño na zona do Club Fluvial, segundo informa a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

Esta competición comezará ás 10 da mañá coa presentación e a adxudicación dos postos para posteriormente, ás 11, dar comezo o concurso que rematará ás 13 horas. A proclamación dos campións e a entrega dos trofeos celebrarase ás 13:30 horas.

As puntuacións serán de 250 puntos por cada peza e un punto por cada gramo. O cebo será facilitado pola organización do evento.

As inscricións poderán realizarse nas instalacións do Club Fluvial ata unha hora antes do comezo da proba. Os organizadores do evento recordan que non se poderá participar sen a presentación da tarxeta federativa do ano en curso.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova