Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello amplía o prazo das obras do Edificio de Novas Tecnoloxías pola aparición dos restos da basílica romana


# Mércores, 14/05/2014


Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe a ampliación en catro semanas do prazo para a execución das obras correspondentes á primeira fase do proxecto de construción dun Edificio destinado a Novas Tecnoloxías.

Esta prórroga débese a que a aparición de restos arqueolóxicos da basílica romana condicionou a marcha dos traballos e obrigará a adaptar o proxecto co fin de poñer en valor os restos, tal e como explicou o Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez.

A construción dun Edificio destinado a Novas Tecnoloxías é un proxecto que se executa ó abeiro do Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea e conta con achegas económicas do Concello de Lugo e a Deputación provincial.

Tamén en relación con este proxecto, hoxe tomouse outro acordo de carácter administrativo consistente na confirmación da declaración de ruína urbanística do inmoble número 4 da praza Anxo Fernández Gómez, unha vez que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural se deu por notificada sobre a intervención que afecta a un ben incluido no inventario xeral do Patrimonio Cultural.

Ademais, a Xunta de Goberno acordou a revisión de prezos do contrato coa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar quedando o prezo anual establecido na cantidade de 2.169.295,33 euros, IVE incluido; o prezo/hora do servizo ordinario queda na cantidade de 14,63 euros, e o prezo/hora do servizo extraordinario en 14,16 euros.

Asimesmo, aprobouse a autorización especial do dominio público para a instalación de máquinas automáticas expendedoras de bebidas frías, quentes e produtos non perecedoiros nos edificios e instalacións municipais. A autorización é para que a empresa Vending Arábica instale 24 máquinas deste tipo xa que é a que obtivo a adxudicación por un importe de 10.800 euros ano por un prazo de dous anos prorrogables por outros dous.

Por último, o Goberno local aprobou a prórroga do contrato relativo ao mantemento das aplicacións do sistema integral de xestión municipal do Concello de Lugo e, dado que o IPC non experimentou variación entre febreiro de 2013 e febreiro deste ano, o prezo anual non se modificará con respecto ao ano anterior e queda en 56.116,12 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova