Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 6º Sons Creativos acollerá diferentes concertos entre o 20 e o 29 de maio


# Mércores, 14/05/2014
Un concerto de improvisación ao aire libre na Praza Maior pechará este programa o 6 de xuño

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá a presentación da 6º edición do proxecto Sons Creativos,  unha iniciativa a prol das novas propostas no ámbito da música contemporánea promovida polo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) e dirixida nesta sexta edición por Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero e Xoán Xil López.

No acto tamén participaron o Deputado Provincial delegado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, o Vicerreitor de Coordinación de Lugo Pedro García Herradón, e a directora do GCSUS, Inmaculada Cárdenas Servián.

Este novo ciclo composto por catro concertos que se celebrarán os días 20, 22 27 e 29 de maio no Auditorio da Casa do Saber de Lugo dando protagonismo a novos grupos e artistas galegos como Vertixe Sonora Ensemble, Ulobit, Carlos Suárez, OHN (María Roja e Berio Molina) ou o Dj lugués Dr. Think.

A nova programación da sexta edición de Sons Creativos constitúe un cambio significativo da idea inicial coa que naceu este proxecto, creado para impulsar a difusión das músicas electroacústicas e das propostas da arte sonora a través da celebración dun espazo de encontro e foro de intercambio cultural, investigación e creación sonora. A sexta edicións de Sons Creativos céntrase, sen embargo, na difusión, a través dun ciclo de concertos de artistas e grupos galegos.
 
Un concerto de improvisación ao aire libre, baixo o título xenérico Quiosco aberto mundo urbano/mundo natural, no que participarán membros do Grupo de Creación Sonora da USC, así como todos aqueles músicos innovadores que queiran sumarse á iniciativa, servirá de colofón a esta nova edición, financiado ao abeiro do convenio Lugo Cultural.
 
Programa de concertos
Vertixe Sonora Ensemble abrirá o vindeiro martes, día 20 de maio, na Casa do Saber de Lugo, o ciclo de concertos da sexta edición de Sons Creativos. Na actuación, que comezará ás 20.30 horas, os compoñentes de Vertixe Sonora Ensemble reproducirán algunhas composicións electrónicas históricas do Instituto de Sonoloxía da Haia, para logo interpretar obras de Sefan Prins, Germán Alonsoe Milica Djordjevich. Ao remate do seu repertorio, o DJ lugués Álvaro Pardo, coñecido como DJ. Dr. Think, fará un remix das obras do concerto.
 
A estrutura deste primeiro concerto de Sons Creativos será a mesma que rexa nas actuacións de Carlos Suárez, Ulobit e OHN, programadas para os días 22, 27 e 29 de maio. Todos os concertos, que comezarán ás 20.30 horas, serán no auditorio da Casa do Saber de Lugo, onde o DJ Dr. Think pechará cada actuación cun remix das obras interpretadas. A entrada para estas actuacións é libre e de balde ata completar o aforo.
 
O concerto de improvisación ao aire libre Quiosco aberto mundo urbano/mundo natural, a cargo do Grupo de Creación Sonora da USC e no que tamén poderán participar todos os músicos que traballen con propostas innovadoras ou de experimentación terá lugar o dia 6 de xuño. Os artistas interesados/as deben formalizar a súa inscrición antes do 30 de maio na Área de Cultura do Campus Lugo, cuxas oficinas están na Vicerreitoría de Coordinación. Para opter máis información ao respecto tamén se pode chamar ao número de teléfono 982 821 513 ou a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugoarrobausc.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova