Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos dos obradoiros de Animación Sociocultural amosan os seus traballos nos Centros de Convivencia da Milagrosa e Lamas de Prado


# Xoves, 15/05/2014
O Alcalde tivo ocasión de comprobar hoxe o resultado dos traballos feitos durante todo o curso polos participantes nestes obradoiros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, visitou hoxe as exposicións de traballos realizados polos alumnos dos obradoiros de Animación Sociocultural que están instaladas nos Centros de Convivencia da Milagrosa e Lamas de Prado, no local de Díaz Castro.

As exposicións recollen unha mostra dos traballos realizados polos alumnos dos distintos obradoiros de Animación Sociocultural, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira.

O Alcalde amosou a súa satisfacción polo éxito que cada ano teñen estas actividades municipais, que axudan á socialización de gran número de veciños e veciñas, xa que “son cursos nos que as persoas participantes entretéñense ó tempo que aprenden, conviven e teñen unha ilusión”.

Tamén salientou López Orozco que “ano tras ano teño ocasión de comprobar cómo mellora a aprendizaxe de moitas persoas participantes nos cursos”, polo que remarcou que “paga a pena o esforzo que fai o Concello para que cada ano participe máis xente nestas actividades”.

Dende o pasado luns, día 12, e ata mañá, día 16, pódese apreciar o resultado dos labores realizados durante todo o curso nos distintos obradoiros e aulas abertas nos que tomaron parte en total 161 persoas.

Os traballos que se expoñen no Centro de Convivencia de Lamas de Prado, local de Díaz Castro, son os realizados polos alumnos e alumnas dos obradoiros de traballos manuais, pintura ó óleo, encaixe de palillos e labores. Tamén se expoñen os traballos  realizados nos tres grupos de aulas abertas, que funcionan sen monitor e nos que se fan labores de pintura en vidro e óleo, calceta, palillos e gancho. O número de persoas participantes durante este curso nestes obradoiros de Animación Sociocultural 2013-2014 foi de 70, ás que se engaden outras 39 que traballan nas aulas abertas.

Con respecto ó Centro de Convivencia da Milagrosa, dentro dos obradoiros de tipo artístico-manual hainos de cestería, traballos manuais, encaixe de palillos e pintura ó óleo, e nesta edición o número de participantes foi de 52.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova