Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O XI Ralli Cidade de Lugo acollerá o sábado 17 de maio a máis de 80 automóbiles clásicos


# Xoves, 15/05/2014
Unha das novidades é o cambio de ubicación da proba que se celebrará na Praza Horta do Seminario

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Graham Martin e Carlos Somoza, membros da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o XI Rali Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro sábado 17 de maio. Esta proba, que se celebra por undécimo ano consecutivo, terá novidades con respecto ao desenvolvemento da mesma para facela máis atractiva.

A primeira das probas terá saída dende a Praza Horta do Seminario de Lugo ás 10:00 horas no que comezará un percorrido turístico dende Lugom pasando polo Corgo, Castroverde e con finalización no Castro de Viladonga en donde haberá unha visita guiada para regresar a Lugo. Será unha ruta con tramos marcados nun rutómetro que os participantes teñen que seguir obrigatoriamente e nela non se cronometra a velocidade á que circulan os vehículos senón que deberán ir respondendo a unha serie de preguntas e realizando diferentes probas que se irán marcando. Nela van a participar os coches máis antigos xa que é unha proba máis relaxada e na que hai inscritos 45 coches e 95 participantes.

Por outro lado, e coa colaboración da Escudería Centollo, tamén se vai celebrar un ralli de regularidade que partirá de Chantada e discurrirá polas carreteras da provincia pasando por Sarria e Lugo. Nesta proba sí que se estableven unhas medias de velocidade aos vehiculos e resulta gañador o que máis se achegue á media marcada pola organización. Para este evento hai 40 vehículos inscritos e máis de 80 participantes. Ambas probas teñen o seu final na Praza Horta do Seminario entre as 14:00 e as 14:45 horas.

Ese mesmo día, dende as 17.00 horas haberá unha gymcana na que participarán varias motos que terán que realizar unha serie de probas de habilidade rememorando as dos anos 50 e 60.

Jose Manuel Grandío destacou que “esta é unha boa actividade para que os curiosos dos coches clásicos poidan ver e tocar xoias ademais de que supón a promoción da cidade.”

No mesmo sentido, Carlos Somoza, explicou que “con esta competición procuramos certa continuidade xa que o entendemos como un elemento cultural, por iso, dende o ano pasado, tratamos de evitar a competición e facelo máis divertido e para que participe toda a familia”.

Nesta carreira poden participar vehículos fabricados ata 1975 fitos da automoción como o Mini ou o Citröen 11, o Porsche 911, o Citröen 2 cv o o Volkswagen Escarabajo. A maiores, tamén haberá un Ford Mustang, do que se celebra o seu 50 aniversario, ou o Citröen CX que igualmente está de 40 aniversario. Da mesma maneira, tamén teñen cabida vehículos dos ano 40 e 50 como os Bentley Mark VI ou o Bentley S1 e deportivos dos anos 60 como o Trihump Tr4 o Porsche 356 ou os Seat 600.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova