Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dende hoxe e ata o 30 de maio poderase degustar gastrononía romana en tapas ou menús en 27 establecementos da cidade


# Xoves, 15/05/2014
Carmen Basadre destacou que nesta nova edición do Ars Magirica os pratos son máis elaborados e con máis variedade

Imaxe Asociada
O sábado 17 de maio entre as 11 e as 14 horas haberá degustación e venda de pan romano na Praza Maior


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería, Cheché Real, e un representante da Asociación de Fabricantes de Pan da Provincia de Lugo, Ángel Lameiro, presentaron as xornadas gastro-romanas Ars Magirica, que se van a desenvolver en diferentes locais de hosterlería da cidade.

Trátase dunhas xornadas gastronómicas que complementan ao resto de actividades pero dende un punto de vista culinario, de maneira que os cidadáns poidan coñecer as costumbres gastronómicas da época e degustar os sabores da antiga Roma entre o 3 e o 26 de maio.

Carmen Basadre destacou que “este ano as tapas e menús dos 27 establecementos participantes son máis elaboradas e teñen unha maior variedade e invitamos a todas as persoas a que se acheguen a probar as diferentes comidas”. Ademais explicou que se agarda un número importante de participantes e incidiu “no gran éxito que tivo tanto os obradoiros de cociña romana como todo o relacionado coa gastronomía desta cidade”.

Os establecementos que forman parte destas xornadas gastronómicas dentro da especialidade de tapas están O Lar de Adrian, Brisay, Pasarela, Cervecería Bríos, Restaurante Campos, O Ciencuenta e Seis, Abrente, Parrillada Fonsagrada, Taberna Daniel, Cook, Taberna de Montxo, A Calzada, Cervecería Hold´em Beer, Restaurante Canedo, Restaurante Cantiño e Parrillada Fonsagrada.

Os establecementos de hostalaría que teñen menú degustación romano son Restaurante Cincuenta e Seis, Restaurante Vivero, Restaurante Antes, Restaurante Manuel Manuel, Restaurante O Cantiño, El Almacén de la Hamburguesa e Arrocería Os Cachivaches.

Por outra parte, Cheché Real,  lembrou que esta edición destaca porque participan establecementos de toda a cidade e de todos os barrios o que indica o gran interese que desperta esta festa ademais de supoñer unha mellora da situación económica dos locais.


Degustación Pan Romano


O sábado 17 de maio tamén haberá unha degustación de pan romano na Praza Maior entre as 11 e as 14 horas. Serán as panaderías Casa Raposo, Panaderia Dario, Panadería Fraga e Panadería Ousá, as que terán para probar e vender diversas variedades de pan similares aos que se consumia hai dous milenios como poden ser o pan de centeo, pan con noces ou o pan de mel.

Neste sentido, Ángel Lameiro, explicou que as panaderías durante a semana do Arde Lucus terán a venda unha maior cantidade de produtos de estilo romano para que os cidadáns poidan mercar e desfrutar dos seus sabores.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova