Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde denuncia o agravio que sofre Lugo coa renuncia de Fomento a construir na nosa cidade a Estación Intermodal


# Xoves, 15/05/2014


O Alcalde, José López Orozco, denunciou hoxe o agravio que supón para Lugo a renuncia do Ministerio de Fomento a construir a proxectada Estación Intermodal.

“É gravísimo para a cidade”, destacou o Alcalde, xa que “imos quedar, porque así o quere o Ministerio de Fomento, como a única cidade de Galicia que non vai ter Tren de  Alta Velocidade”.

Para López Orozco, “é  un agravio que non podemos consentir, teño que dicilo así e teño que preguntar qué lles fixo Lugo a vostedes para que nos maltraten desta maneira?”.

O Alcalde lembrou que este non é o único agravio que está a sofrir Lugo, “porque é a Alta Velocidade, a Estación Intermodal, e o Cuartel de San Fernando… polo tanto un ten que preguntase qué lle fixemos os de Lugo ós Gobernos do Partido Popular e espero que a xente de Lugo reaccione dicindolles que non imos consentir que nos maltraten desta maneira”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova