Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba novos investimentos para o Servizo de Bombeiros de Lugo


# Venres, 16/05/2014


O Concello de Lugo autorizou hoxe un novo investimento para modernizar os equipamentos dos que dispón o persoal do Servizo Contraincencios. 

A Xunta de Compras aprobou esta mañá a adquisición de 40 comunicadores para cascos cos que a totalidade do plantel do Corpo de Bombeiros pasará a contar con este dispositivo de comunicación que funciona cun sistema de mans libres. 

Ata o momento, o Servizo de Bombeiros dispoñía de 10 destes aparellos que estiveron a proba e, unha vez comprobado o seu bó resultado, acordouse a compra doutros 40, para que dispoñan deste sistema de enlace para as comunicacións a totalidade dos Bombeiros. 

A adquisición destes dispositivos acórdase semanas despois de que o Goberno local autorizara a contratación da subministración de equipamentos de uniformidade de intervención para o Corpo de Bombeiros, consistente en 51 equipos de chaquetón e cubrepantalóns. Este contrato saiu a licitación cun prezo de 56.610 euros. 

O Concello tamén ten previsto realizar cuantiosos investimentos na modernización doutros medios materiais para que desenvolva o seu traballo nas mellores condicións o Servizo municipal de Bombeiros, xa que no plan de investimentos aprobado este mes polo Pleno da Corporación inclúese unha partida de case un millón de euros para a adquisición dunha nova autoescaleira que sustitúa á actual. 

Ademais, está previsto reforzar o servizo coa adquisición dun furgón que pode supoñer outro investimento duns 30.000 euros. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova